Rueda destaca a Galicia como un referente na loita contra os lumes ao contar "cun dos mellores dispositivos de toda Europa"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta aposta por seguir mellorando o servizo ao incrementar un 26% as partidas para prevención e extinción no 2025 ata chegar aos 89,5 M€
- O Goberno autonómico reforzou este ano a rede de videovixilancia que xa chega ao 85% do territorio galego
- O centro compostelá conta con alta tecnoloxía para poder facer un seguimento en tempo real dos incendios forestais
- Salienta que é fundamental "concienciar" sobre a prevención e da necesidade de "ter os montes limpos"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a Galicia coma un referente na loita contra os lumes e salientou o compromiso do Executivo autonómico con seguir mellorando o servizo ao incrementar un 26% as partidas para prevención e extinción de incendios forestais no 2025 ata chegar aos 89,5 M€. "Queremos seguir contando co mellor dispositivo contra incendios de España e de Europa", salientou.
Durante unha visita ao Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Incendios Forestais, acompañado da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o presidente agradeceu o labor das 7.000 persoas que forman parte cada campaña do operativo galego de loita contra o lume e salientou a importancia de traballar na prevención. "É fundamental concienciar a todo o mundo da necesidade de que o monte estea limpo", indicou.
O Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Incendios Forestais, situado en Santiago, súmase aos catro centros de coordinación provinciais e aos 19 de coordinación de distrito. O espazo está dotado da última tecnoloxía coma un videowall que permite visualizar as imaxes que ofrecen as cámaras da rede de videovixilancia e facer un seguimento en tempo real da evolución dos incendios.
A Xunta incrementou este ano o número de cámaras da rede de videovixilancia, incorporando 24 novos dispositivos en doce localizacións, o que fai que poda controlarse o 85% do territorio galego.
O obxectivo da Xunta é seguir reforzando o dispositivo autonómico fronte aos lumes ao que cada ano se destinan 200 millóns de euros. En concreto, a Xunta incrementará no 2025 a partida en infraestruturas para a prevención -que pasará dos 46 millóns de euros a 50,5- e tamén o orzamento para extinción ata chegar aos 39 millóns, catro máis que neste exercicio.