Rueda destaca o papel do Banco de Alimentos Rías Altas na loita contra a desigualdade social e como reflexo da solidariedade do pobo galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca a importancia do traballo realizado polos máis de 2.300 voluntarios que "traballan os 365 días do ano e que, en datas tan sinaladas, son garantía de que moitas persoas poidan celebrar as festas como todo o mundo se merece"
- Tras manter unha reunión coa directiva da entidade para escoitar as necesidades de cara ao ano 2025, reafirma o compromiso do Goberno autonómico de apoiar e fortalecer iniciativas como a desta entidade

A Coruña, 23 de decembro de 2024
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a sede coruñesa do Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial), na cal salientou o papel fundamental desta entidade na loita contra a desigualdade social e como un exemplo da solidariedade e compromiso do pobo galego.
Así, acompañado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou a importancia do traballo realizado polos máis de 2.300 voluntarios cos que conta a institución, así como de todos os colaboradores co fin de garantir que miles de familias galegas teñan acceso a bens de primeira necesidade. "Traballan os 365 días do ano e que, en datas tan sinaladas, son garantía de que moitas persoas teñan días un pouco menos duros e poidan celebrar as festas como todo o mundo se merece", asegurou, ao tempo que fixo un chamamento a seguir colaborando durante todo o ano para que "as persoas que necesitan esta axuda teñan un prato enriba da mesa".
Rueda lembrou que Galicia é unha terra solidaria, tanto dentro como fóra da comunidade, poñendo como exemplo a participación de máis de 300 voluntarios galegos na recente emerxencia da DINA en Valencia, así como á Gran Recollida organizada polo Banco de Alimentos, que este ano tamén contribuíu a axudar ás persoas afectadas por esta catástrofe.
A este respecto e despois de manter unha reunión coa directiva da entidade para escoitar as necesidades de cara ao ano 2025, o presidente reafirmou o compromiso da Xunta de apoiar e fortalecer este tipo de iniciativas. "Ogallá que un día institucións como o Banco de Alimentos non sexan necesarias pero, como a día de hoxe o son por desgraza, hai que axudalas", manifestou.