Rueda celebra a excelencia do alumnado galego e o traballo de toda a comunidade educativa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca a importancia do acompañamento de familias e docentes aos estudantes na súa formación
- Sinala que o Goberno galego traballa para que os estudantes teñan oportunidades de futuro en Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2024
O presidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, celebrou os bos resultados acadados polo alumnado galego nos Premios Extraordinarios, así como o traballo que realiza a diario toda a comunidade educativa.
Na súa intervención no acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de grao Superior, Ensinanzas Artísticas Profesionais, Bacharelato e ESO, nos que tamén se entregaron os premios de ESO ao esforzo e superación persoal, o titular do Executivo autonómico felicitou tanto aos premiados, pola súa constancia, traballo e superación persoal durante a súa formación, como aos seus familiares, polo seu acompañamento e exemplo diario nas casas.
Ademais, Rueda recoñeceu o traballo de todo o sistema educativo galego, centrándose no dos mestres "que saben que todos os alumnos son a súa responsabilidade" e son capaces de estimular o talento cando o ven. "Un país con talento é un país con futuro" afirmou o presidente.
Nesta liña, o presidente da Xunta reivindicou que a igualdade de oportunidades e premiar o esforzo son os valores centrais da política educativa galega, e afirmou traballar para que o estudantado poida formarse nas mellores condicións posibles e no futuro teña oportunidades de traballar e vivir en Galicia.
Educación nos Orzamentos 2025
Así, o Goberno galego ven aprobar os Orzamentos 2025 nos que Educación terá o maior orzamento da súa historia con case 3.000 M€, investindo por alumno máis de 8.000 €, conxelando as taxas escolares, subvencionando transporte e comedor escolares ou establecendo a gratuidade da matrícula universitaria. Ademais, entre outros fitos, o alumnado galego destaca polos seus bos resultados en áreas como Matemáticas e Comprensión Lectora e a inserción laboral da FP chega case ao 86%.