A Xunta renova o seu apoio ao Campus do Nadal organizado polo Club de Baloncesto Sarria
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, participou na presentación da segunda edición desta actividade, que se desenvolverá do 26 ao 29 de decembro

Sarria (Lugo), 20 de decembro de 2024
A Xunta renova o seu apoio ao Campus do Nadal organizado polo Club de Baloncesto Sarria, que se celebra entre o 26 e o 29 de decembro.
O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou hoxe na presentación da segunda edición desta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2007 e 2017, xunto á presidenta e o director deportivo do CB Sarria, María Jesús Arias e Miguel Ángel Hoyo, respectivamente.
Máis de 70 nenos e nenas inscribíronse xa para participar neste campus, que ofrece dúas modalidades: unha interna con aloxamento e outra externa con asistencia durante o día pero sen durmir nas instalacións.
Os adestramentos contarán con persoal experto que lles axudará aos nenos e nenas a mellorar as súas habilidades na práctica do baloncesto. A programación complétase con outras actividades deportivas, lúdicas e recreativas para fomentar o traballo en equipo e a convivencia entre os participantes.
Arias felicitou ao club sarriao por "darlle continuidade a esta iniciativa que lles facilita ás familias a conciliación" e ao mesmo tempo ofrécelles aos cativos e cativas "unha excelente oportunidade de desfrutar do deporte e doutras actividades que fomentan a participación e a convivencia".