A Xunta salienta os bos datos de participación do programa de cribados poboacionais de cancro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Saúde Pública reafirma o compromiso do Goberno galego na loita contra o cancro e súa aposta por reforzar a prevención e o diagnóstico precoz
- Destaca as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías á hora de optimizar a detección temperá das patoloxías de tipo oncolóxico
- Na actualidade, a Xunta esta a desenvolver dous proxectos piloto co obxectivo de avanzar na detección temperá dos cancros de próstata e de pulmón
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2024
A Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, participou esta mañá no obradoiro Cribado á luz da actualización das recomendacións da UE, un evento no que destacou a gran participación da cidadanía galega nos programas de cribado poboacionais que desenvolve a Xunta.
Segundo apuntou, durante o ano 2023, o cribado de cancro de mama alcanzou unha participación que superou o 81 %, o cribado de cancro colorrectal alcanzou o 54,5 % e, no caso do cribado de cérvix, a súa participación superou o 56,7 %.
Nesta liña, a directora xeral remarcou tamén que o Executivo galego mantén a súa aposta por ampliar o programa galego de cribados, salientando que, nestes momentos, estanse a levar a cabo senllos proxectos piloto vinculados á detección precoz do cancro de pulmón e do cancro de próstata.
Acompañada pola subdirectora xeral de Estilos de Vida Saudable, Sagrario Pérez, a directora xeral de Saúde Pública incidiu nas posibilidades que ofrecen o emprego das novas tecnoloxías e, en particular, a intelixencia artificial. Segundo remarcou, estas ferramentas dixitais permitirán optimizar a detección temperá das patoloxías de tipo oncolóxico. Apuntou que a sanidade pública galega xa está a empregar a intelixencia artificial para mellorar a lectura de mamografías.
O seminario desta mañá, organizado pola entidade sen ánimo de lucro All Can Spain, contou tamén ca participación do director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo; do xefe de Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, Rafael López; ou da investigadora na División de Detección Temperá, Prevención e Infeccións da Axencia Internacional de Investigación sobre o Cáncro -IARC- da OMS, Isabel Mosquera Metcalfe, entre outros.