A Xunta destina 18M€ para consolidar a industria de cultivos mariños en Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Este esforzo inversor, que supón un 65% máis con respecto aos dous últimos exercicios, demostra o compromiso do Goberno galego para seguir impulsando este sector, representado en máis de 2.600 empresas que dan emprego a 5.600 persoas
  • Villares aposta pola compatibilidade da acuicultura co resto de eslabóns da cadea mar-industria, combinada coa investigación neste ámbito, na que destaca o labor de organismos dependentes da Xunta como o CIMA
  • A planta mariñá, especializada no engorde de rodaballo, alcanza unha produción de 3.300 toneladas anuais, situando a Galicia como única comunidade de España que o produce

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Xove (Lugo), 19 de decembro de 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Vilares, destaca a industria de cultivos mariños como decisiva no impulso da economía de Galicia. Por este motivo, e co fin de seguir impulsando políticas que consoliden a súa actividade, a Administración autonómica investirá o vindeiro ano 18 millóns de euros; o que supón un 65% máis con respecto ás dúas últimas anualidades.

Este esforzo inversor demostra o compromiso do Goberno galego para seguir impulsando este sector. Na comunidade existen 2.600 empresas e máis de 5.600 persoas que traballan na acuicultura, que acumula unha facturación de máis de 232,7 millóns de euros en 2023; unha das cifras máis alta dos últimos catorce anos. Dentro do volume de produción, que foi de 190.400 toneladas, o mexillón supón o 93,5%. O valor deste bivalvo na anualidade anterior foi de case 120 millóns superando todas as marcas desde 2005 coa mellor cotización da serie histórica, preto de 0,7€/Kg.

A esta aportación súmase a dos peixes que experimentou unha suba de máis do 4,7% na produción e de máis do 8% na facturación, destacando o rodaballo como protagonista. Esta especie rozou unha produción de 9.600 toneladas en Galicia, sendo a única comunidade en España que produce este peixe que é exportado a países como Francia, Italia ou Alemaña.

Este datos, en palabras do titular de Mar, son un exemplo do valor da acuicultura e da importancia socioeconómica que ten a súa actividade na nosa comunidade; de aí que Villares avogue pola súa compatibilidade co resto dos sectores da cadea mar-industria e de seguir impulsando a investigación neste ámbito, no que destaca o labor de organismos dependentes da Xunta como o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). O obxectivo é avanzar na internacionalización coa ollada posta na protección medioambiental e con medidas que permitan adaptarse aos retos que esixen as tendencias de mercado e da alimentación.

E é que, segundo relatou, a acuicultura é unha solución sostible para que comer de forma nutritiva sen forzar os mares e os ríos, e sen esgotar a superficie terrestre.

Grupo Nova Pescanova

Esta multinacional española, do que forma parte a planta de Xove dende 2004, conta con uns 10.000 empregados repartidos en catro continentes, sendo unha das poucas empresas de produtos do mar presente en toda a cadea de valor, desde a orixe ata a súa venda. Aposta pola marca e a innovación dende a sustentabilidade dos recursos naturais e a optimización da xestión enerxética.

A planta de Xove dispón de 900 tanques para o engorde de rodaballo e ocupa unha superficie de 63.000 metros cadrados. Trátase dunha piscifactoría mariña en instalación fixa na que os alevíns son criados ata acadar o tamaño comercial. A capacidade de produción alcanza as 3.300 toneladas anuais. Conta cunha alta tecnificación para optimizar a produción e asegurar o benestar animal. Entre a tecnoloxía incorporada destacan sistemas de alimentación automática, visión artificial para parametrizar o benestar dos peixes e tecnoloxía Big Data para a mellora do proceso.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 19/12/2024
754240 {"title":"A Xunta destina 18M€ para consolidar a industria de cultivos mariños en Galicia","published_date":"2024-12-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/143038-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"754240"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-19/754240-xunta-destina-18m-consolidar-industria-cultivos-marinos-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.