Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia e o centro de día da Asociación Juan XXIII, cun apoio de 1,1 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

  • Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de prazas públicas 
  • Anuncia que tras concertar "o 100% das prazas da residencia", a Xunta "asumirá" outras seis do centro de día ao longo de 2025
  • O Executivo autonómico reserva 176 M€ nas contas do vindeiro ano para a atención á discapacidade

Pontevedra, 18 de decembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso da Xunta coa atención ás persoas con discapacidade, que se reflicte no apoio ás entidades sociais. Neste sentido, puxo como exemplo a contribución do Executivo autonómico na posta en marcha da nova residencia e centro de día da Asociación Juan XXIII que abriu hoxe as súas portas a través de financiamento para as obras e da concertación de prazas. 

Así o salientou durante a inauguración oficial dunhas instalacións para as cales o Goberno galego achegou 339.000 euros para a súa construción e equipamento e contribuirá ao seu funcionamento cun investimento anual de 750.000 euros para o mantemento de prazas públicas. Nesta liña, Rueda lembrou que "tras concertar o 100% das prazas da residencia", a Xunta "vai asumir o concerto doutras seis prazas do centro de día durante 2025".

O presidente salientou a importancia deste proxecto para atender a unha necesidade crecente en Galicia como é a o aumento da demanda de servizos sociais especializados, especialmente nun contexto de envellecemento da poboación. Asegurou que centros e asociacións coma Juan XXIII "son imprescindibles" para ofrecer "a axuda necesaria" as persoas con discapacidade e as súas familias para que reciban "a atención que merecen".

Neste sentido, cómpre lembrar o impacto positivo do novo concerto social posto en marcha este ano pola Xunta, que destina máis de 100 millóns de euros anuais para garantir estabilidade e mellorar os servizos que prestan as entidades sociais, entre outros. Grazas a esta medida, xa se puxeron en marcha 166 novas prazas en 2024, cun incremento previsto para 2025.

Aposta pola inclusión

Ademais a Xunta reservará 176 millóns de euros nas contas autonómicas para apoiar a discapacidade. "Unha sociedade que non é capaz de atender as persoas con discapacidade que precisan atención e as súas familias, no é unha sociedade completa. É responsabilidade das administracións", indicou.

As novas instalacións inauguradas hoxe contan con 24 prazas residenciais e 11 prazas de centro de día e foron posibles grazas á colaboración entre a Asociación Juan XXIII, Xunta, o Concello de Pontevedra, ENCE e a Fundación ONCE. 

Documentos descargables
  • No hay ficheros adjuntos

Histórico de cambios

Artículo publicado
18/12/2024
https://govclipping.com/search "" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. ¡Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Tanto la lista como todos los elementos guardados serán eliminados. ¡Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. ¡Error! Error al eliminar la lista. Vaciar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres vaciar esta lista? Todas las noticias que contiene esta lista serán desmarcadas. ¡Lista vaciada! La lista ha sido vaciada correctamente. ¡Error! Error al vaciar la lista. Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos.
750187 {"title":"Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia e o centro de día da Asociación Juan XXIII, cun apoio de 1,1 M€","published_date":"2024-12-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/141296-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"750187"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-18/750187-rueda-pon-valor-contribucion-da-xunta-na-posta-marcha-da-residencia-e-centro-dia-da-asociacion-juan-xxiii-cun-apoio-1-1-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.