Portos de Galicia analiza coa Fundación RIA o deseño da planificación da fronte marítima da Pobra do Caramiñal
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, reuniuse hoxe co director da Fundación RIA, que preside o recoñecido arquitecto David Chipperfield, para analizar a colaboración entre esta entidade e a Fundación MOP (Marta Ortega Pérez) de cara ao deseño da planificación da fronte marítima da Pobra do Caramiñal, en tanto que afecta á zona portuaria.
O mencionado deseño busca reordenar a fronte marítima urbana, na súa maioría administrada por Portos de Galicia. O punto de partida é o estudo realizado pola Fundación RIA en colaboración coa AXI para a integración urbana da estrada AC305 ao seu paso polo núcleo.
Esta planificación busca a reorganización e humanización da fonte marítima, mellorando a relación entre os espazos portuarios e o núcleo urbano. Neste sentido, o presidente de Portos e o equipo técnico de RIA afondaron nas posibilidades de actuación, tendo en conta o procedemento que o Portos de Galicia ten en marcha para a reversión de terreos innecesarios para a actividade portuaria á Administración Xeral do Estado, e que inclúe, entre outros, ao peirao da Pobra do Caramiñal.