A Comisión Galega de Control da Violencia inicia un procedemento sancionador contra o presunto agresor do Sanxenxo - Rasoeiro e prohibe cautelarmente o seu acceso a recintos deportivos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A tipificación da infracción como moi grave expón ao presunto agresor a unha sanción económica de entre 60.000,01 ata 650.000 euros, a posibilidade de desenvolver traballos sociais no ámbito deportivo e a prohibición de acceso a calquera recinto deportivo de dous a cinco anos
  • O Goberno galego ten constancia de que, no día de hoxe, entrou nos Xulgados a denuncia da Garda Civil correspondente a estes feitos.

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu na mañá de hoxe unha nova reunión da Comisión Galega de Control da Violencia convocada no día de onte de urxencia para tratar os feitos acaecidos no partido de liga galega cadete feminina que disputaron o pasado domingo o Sanxenxo Balonmán e o Rasoeiro BM no que un familiar do colexiado foi vítima dunha agresión resultando gravemente ferido.

A Comisión acordou comezar a instrución dun procedemento sancionador ao presunto agresor por unha infracción moi grave, tipificada na Lei do Deporte de Galicia como "a realización de calquera acto ou conduta cando lles ocasione danos ou graves riscos ás persoas ou aos bens, ou cando concorran circunstancias de especial risco, perigo ou participación nel". Neste sentido, ás infraccións moi graves levan aparelladas sancións económicas de entre 60.000,01 euros ata 650.000 euros, así como, atendendo ás circunstancias que concorran nos feitos e, moi especialmente, á súa gravidade ou repercusión social, a sanción de desenvolver traballos sociais no ámbito deportivo e a sanción de prohibición de acceso a calquera recinto deportivo por un período abranguido entre dous anos e cinco anos. Cómpre salientar que o Goberno galego ten constancia de que no día de hoxe entrou nos Xulgados a denuncia da Garda Civil correspondente a estes feitos.

A Xunta de Galicia insiste na súa condena absoluta ante estes feitos así como calquera tipo de suceso violento tanto no deporte como fóra del. Neste sentido, a Comisión Galega de Control da Violencia utilizará todos os medios que ten ao seu alcance, como comezou a facer no día de hoxe ante o acontecido no Sanxenxo-Rasoeiro, para que ningunha manifestación de violencia quede impune. "Debemos mandar unha mensaxe clara de tolerancia cero fronte a calquera conduta violenta no deporte", apuntou o secretario xeral. Ademais, o mandatario galego mandou unha mensaxe de ánimo e apoio tanto ao afeccionado agredido como á súa familia e achegados, desexando e confiando "a mellor das recuperacións".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/12/2024
745926 {"title":"A Comisión Galega de Control da Violencia inicia un procedemento sancionador contra o presunto agresor do Sanxenxo - Rasoeiro e prohibe cautelarmente o seu acceso a recintos deportivos","published_date":"2024-12-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/142243-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"745926"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-17/745926-comision-galega-control-da-violencia-inicia-procedemento-sancionador-presunto-agresor-do-sanxenxo-rasoeiro-e-prohibe-cautelarmente-seu-acceso-recintos-deportivos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.