A Xunta impulsa o polígono industrial de Rianxo cun investimento de case 59.000 €
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Estas axudas van dirixidas a mellorar as infraestruturas dos parques empresariais
- Estes apoios, en colaboración cos concellos, contribúen á captación de investimentos en Galicia e melloran a competitividade das empresas galegas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Rianxo (A Coruña), 17 de decembro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o polígono industrial de Rianxo para supervisar a actuación realizada, cun apoio da Xunta de case 59.000 euros, que permitiu o acondicionamento dos accesos a este polígono industrial. Concretamente, realizáronse melloras nas vías de acceso dende Asados e dende Taragoña ao Parque Empresarial de Té, de renovación e mantemento do firme a través da reposición completa e un acondicionamento da zona para darlle comodidade e continuidade ás saídas a partir do polígono existente. Este polígono industrial conta actualmente con veinte empresas.
Esta orde recolle ata un máximo de 120.000 euros por proxecto, e está destinada á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada.
A delegada da Xunta explicou que esta liña de axudas "contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia e para a mellorar a competitividade das nosas empresas". Neste sentido, aclarou que "encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas".
Belén do Campo lembrou que esta orde da axudas repartiu na comarca do Barbanza máis de 200.000 euros entre Noia, Boiro (2 axudas) e Rianxo, a provincia da Coruña contou con 1,8 millóns de euros para apoiar a 26 parques empresarias e os polígonos industriais de Galicia contaron cun orzamento total de 3,5 millóns de euros.