A Xunta inviste máis de 374.000€ na humanización do Camiño Portugués en Soutomaior coas axudas para proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visita o concello para coñecer as obras previstas, presupostadas en case 750.000 euros
  • O Goberno galego manterá o próximo ano esta nova liña de acción, dotada con 8,5 millóns de euros
  • En toda Galicia hai unha vintena de proxectos beneficiarios, relacionados con instalacións hidráulicas, deportivas, culturais, de mobilidade e accesibilidade e para servizos sociais

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Soutomaior (Pontevedra), 16 de decembro de 2024

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe Soutomaior para coñecer as melloras previstas no Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo urbano de Arcade co apoio da Xunta. A través da liña de axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local (FCL), dotada con 8,5 millóns de euros e destinada a investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, o Goberno galego destinará 374.500 euros a obras de humanización integral nas rúas que atravesa este tramo do Camiño Portugués.

Así, actuarase na pavimentación, con melloras de accesibilidade, nas beirarrúas e na calzada, así como no saneamento, no abastecemento, na xardinería, na iluminación e na sinalización. O presuposto global das obras suma preto de 750.000 euros.

Segundo explicou a directora xeral, o obxectivo é rexenerar e humanizar este espazo urbano, dándolle prioridade ao tránsito peonil para unha maior seguridade na circulación ao tempo que se reducen as emisións e se mellora a calidade ambiental. Vaise favorecer tamén a integración paisaxística e a posta en valor da zona.

Natalia Prieto referiuse ao carácter estratéxico desta iniciativa ao actuar sobre un elemento de gran valor cultural e patrimonial tanto a nivel galego como internacional, como é o Camiño Portugués, que supón ademais un grande impacto turístico e económico en todas as localidades que atravesa. Nesta liña, destacou a importancia supramunicipal do proxecto, ademais dos beneficios sociais e comunitarios que vai xerar para os peregrinos e para a propia veciñanza.

Unha vintena de proxectos en toda Galicia

A directora xeral sinalou que as actuacións beneficiarias da nova liña de axudas no conxunto de Galicia ascenden a unha vintena, a meirande parte delas situadas na provincia de Pontevedra. As obras céntranse en infraestruturas hidráulicas, culturais, deportivas, de mobilidade e accesibilidade e para servizos sociais.

Así, xunto coa iniciativa presentada por Soutomaior, resultaron beneficiarias na provincia as de Meaño, Moraña e Poio, todas elas para infraestruturas de mobilidade e accesibilidade; do Rosal, Baiona, Salvaterra de Miño, Marín e Bueu, para instalacións deportivas; a da Mancomunidade do Salnés, para unha infraestrutura hidráulica; e a do Porriño, destinada a servizos sociais.

Natalia Prieto explicou que, no marco desta medida, se consideran estratéxicos os proxectos nas infraestruturas locais que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora dos servizos, para o desenvolvemento social ou para o equilibrio territorial e teñan repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal.

Tamén teñen esta consideración os investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito local ou comarcal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial da zona, así como os que desenvolvan investimentos en infraestruturas previstos nun plan estratéxico aprobado pola entidade local.

O orzamento mínimo dos proxectos beneficiarios nestas subvencións é de 500.000 euros e o financiamento da Xunta pode chegar ata o 50% do importe total, co límite de 700.000 euros por cada proxecto estratéxico.

Máis de 1M€ investidos en Soutomaior

Tendo en conta estas actuacións de humanización previstas no Camiño Portugués en Arcade, a directora xeral destacou que nos últimos anos o Goberno galego investiu preto de un millón de euros a través das diferentes medidas de apoio ao eido local, como a Orde de infraestruturas de uso público, o Fondo de Compensación Ambiental, a orde de axudas de eficiencia enerxética cofinanciada con fondos Feder ou o Fondo de Cooperación Local, no que se enmarca esta liña dirixida a proxectos estratéxicos. A través deste conxunto de medidas, só neste ano se distribuíron máis de 32 millóns de euros para a execución de case 700 proxectos municipais en toda Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/12/2024
741951 {"title":"A Xunta inviste máis de 374.000€ na humanización do Camiño Portugués en Soutomaior coas axudas para proxectos estratéxicos do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local","published_date":"2024-12-16","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/141409-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"741951"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-16/741951-xunta-inviste-mais-374-000-na-humanizacion-do-camino-portugues-soutomaior-coas-axudas-proxectos-estratexicos-do-fondo-adicional-do-fondo-cooperacion-local https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.