Os recursos patrimoniais e paisaxísticos da provincia de Ourense protagoniza o calendario 2025 de Historia da revista National Geographic

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A publicación inclúe unha selección de 26 fotografías que amosan a beleza natural e distintos edificios e elementos patrimoniais da oferta turística ourensá

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

A revista internacional National Geographic vén de dedicar o seu calendario 2025 de Historia a distintas paisaxes, edificios e elementos patrimoniais da provincia de Ourense que revelan a maxestuosidade e beleza e tamén o pasado desta provincia. Turismo de Galicia colabora nesta publicación dentro da súa liña de actuación de difusión e promoción poñendo en valor todos aqueles atractivos propios e tamén na súa estratexia de internacionalización do destino.

O calendario que se está a distribuír co número de decembro desta prestixiosa publicación e que leva por título 'Ourense. Patrimonio, Arte e Paisaxe' inclúe na súa portada unha fotografía do claustro do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

A continuación, ilustra cada un dos meses cunha fotografía principal e outra de menor tamaño de edificios, paisaxes, tradicións e elementos artísticos. Así o mes de xaneiro inclúe unha instantánea do Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense, atribuído a un dos discípulos de Mestre Mateo. O mes de febreiro queda ilustrado cunha imaxe da Ribeira Sacra que se complementa con outra fotografía, neste caso, sobre a celebración do Entroido, festa moi arraigada nesta provincia e que ten lugar neste mes.

Marzo ten unha fotografía do Castro de San Cibrao que se complementa con outras dun fragmento de cerámica atopada nestes emprazamentos celtas. Os meses de abril e maio son ilustrados con fotografías da Ponte e igrexa de Allariz e da xudería de Ribadavia, mentres que xuño o fai cunha instantánea do Cañón do Río Mao e tamén do conxunto de hórreos A Feira, na Merca.

O Mosteiro de Oseira protagoniza o mes de xullo mentres que o de agosto se rende ante a paisaxe do embalse do Lindoso. A igrexa de Santa María Madre en Ourense xunto coa fachada do Concello desta cidade son as imaxes de setembro mentres que outubro aborda cultura vitivinícola da zona cunha fotografía do contorno dos ríos Cabe, Miño e Sil.

O mes de novembro está ilustrado por unha instantánea de Santa Cristina de ribas de Sil, un mosteiro benedictino, e tamén pola fachada da Nosa Señora das Ermidas, no Concello de O Bolo.  Pecha este calendario no mes de decembro a nave principal da Catedral de San Martín de Ourense.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/12/2024
741017 {"title":"Os recursos patrimoniais e paisaxísticos da provincia de Ourense protagoniza o calendario 2025 de Historia da revista National Geographic","published_date":"2024-12-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/141986-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"741017"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-16/741017-os-recursos-patrimoniais-e-paisaxisticos-da-provincia-ourense-protagoniza-calendario-2025-historia-da-revista-national-geographic https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.