A Xunta adxudica por máis de 230.000 euros as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A intervención neste espazo de lecer ao carón do río Ulla permitirá mellorar a envolvente térmica da cafetería e a accesibilidade ao recinto, facilitando así as condicións de confort dos usuarios, así como as condicións de funcionalidade e integración paisaxística da zona
  • As obras fináncianse ao abeiro do Plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes intervencións urbanísticas
  • A Xunta de Galicia asume o 70 % do orzamento e o Concello achega o 30 % restante

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de adxudicar por 233.774 euros as obras para executar a rehabilitación da área recreativa da Peneda,  no concello de Monterroso.

A actuación adxudicada á empresa Manuel Novoa Castro S.L. enmárcase no Plan Hurbe, promovido polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, e neste caso o obxectivo é mellorar as condicións de confort dos usuarios da área recreativa, así como as súas condicións de funcionalidade e integración paisaxística.

En concreto, baixo este contrato, trátase de mellorar a accesibilidade do recinto e da envolvente térmica do espazo de cafetería desta área recreativa do municipio lucense.

Así, porase en valor esta emblemática área de lecer con piscinas ao carón do río Ulla, que serve de lugar de esparexemento da veciñanza e tamén dos visitantes que pasan por este concello, un dos lugares polos que discorre o Camiño Francés a Santiago. A previsión é que as obras poidan estar rematadas para maio de 2025.

Coas obras adxudicadas,  procederase á rehabilitación da cafetería, na que se pretende mellorar a súa envolvente térmica e realizar pequenos axustes na distribución interior, modernizando as instalacións e os acabados. Así mesmo, está proxectada a instalación dunha pérgola e unha pequena construción de uso estacional no espazo anexo á edificación. Tamén se prevé a urbanización dos accesos peonís.

A Xunta cofinanciará nun 70 % as actuacións previstas, achegando un investimento que supera os 206.000 euros, ademais de contratar e executar as obras. O Concello de Monterroso achegará o 30 % restante e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.  

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/12/2024
736265 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 230.000 euros as obras de rehabilitación da área recreativa da Peneda en Monterroso, financiadas ao abeiro do Plan Hurbe","published_date":"2024-12-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/141864-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"736265"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-14/736265-xunta-adxudica-mais-230-000-euros-as-obras-rehabilitacion-da-area-recreativa-da-peneda-monterroso-financiadas-ao-abeiro-do-plan-hurbe https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.