A Xunta recoñece a excelencia de 20 alumnos co premio extraordinario de bacharelato 2023/24
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica
- Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2024
A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia académica de 20 alumnos que cursaron 2º de Bacharelato no curso 2023/24 cos premios extraordinarios. Este galardón ten como obxectivo valorar os méritos excepcionais acadados grazas ao esforzo e traballo dos estudantes, que completaron esta etapa educativa cun destacado rendemento académico.
Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos no Bacharelato. Ademais, os aspirantes tiveron que superar unha proba presencial que se dividiu en dúas partes. A primeira parte centrouse nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario, así como a resposta a cuestións culturais ou lingüísticas sobre un texto na primeira lingua estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do Bacharelato.
A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.
Cada un dos galardoados recibirá un incentivo económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. A distinción será reflectida tamén nas certificacións académicas dos estudantes premiados.
A relación de premiados pode consultarse no seguinte cadro:
Concello | Centro educativo | Persoa premiada |
A Coruña | CPR Plurilingüe Santa María del Mar | Alfonso Trillo Reboredo |
A Coruña | CPR Plurilingüe Santa María del Mar | Carlota Lago García |
A Coruña | CPR Plurilingüe Santa María del Mar | Mateo García Casanova |
A Coruña | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | Jorge Sánchez Mouzo |
A Coruña | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | Sofía Martínez Diz-Lois |
A Coruña | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | Santiago Vilas Subirán |
A Coruña | IES Plurilingüe Eusebio da Guarda | María Carpente Carpente |
As Pontes de García Rodríguez | IES Moncho Valcarce | Antón de la Fuente Vivero |
Lugo | IES Xoán Montes | Antía Miragaya Vázquez |
Lugo | IES Leiras Pulpeiro | Rosalía Bernárdez Riopedre |
Marín | IES Chan do Monte | Martín Freire González |
Marín | IES Illa de Tambo | Iago Villanueva Pérez |
Ourense | CPR Plurilingüe María Auxiliadora | Félix Benito Martínez |
Pontevedra | IES Gonzalo Torrente Ballester | Miguel Bouzas Rodríguez |
Pontevedra | IES Sánchez Cantón | Óscar Antonio Baltar Torres |
Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | Ana Rosende Piñeiro |
Santiago de Compostela | CPR Manuel Peleteiro | Ignacio Uribarri González |
Santiago de Compostela | CPR Plurilingüe La Salle | Patricia Bao Vázquez |
Santiago de Compostela | IES de Sar
| Alba Graña Rodríguez |
Soutomaior | IES de Soutomaior | Lucía Castrillo Sánchez |