A Xunta licita por máis de 1 millón de euros a reforma do Hospital Santa María Nai de Ourense
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Executivo galego reformará a antiga zona de agudos para transformala nun espazo destinado a usos administrativos
- A obra abrangue unha superficie de 862 metros cadrados
- As empresas interesadas en participar neste procedemento poderán enviar as súas ofertas até o 8 de xaneiro

Ourense, 13 de decembro de 2024
O Portal de Contratos Públicos de Galicia publica no día de hoxe a licitación das obras de reforma da antiga zona de agudos do Hospital Santa María Nai de Ourense. O Executivo galego investirá 1.093.608 euros nesta actuación de mellora.
A zona de intervención sitúase na planta baixa e soto da ala oeste do Hospital Santa María Nai. Esta área está actualmente en desuso, polo que se reformará o seu espazo para destinalo a uso administrativo, mentres que no local situado no soto 1 destinarase ás instalacións de climatización asociada a esta intervención.
A obra abranguerá unha superficie construída de 862,90 m².
As empresas interesadas en participar neste procedemento poderán trasladar as súas ofertas até o vindeiro día 8 de xaneiro.