A Xunta defende un cambio de modelo na xestión das emerxencias transfronteirizas mediante ferramentas para a anticipación e optimización dos recursos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O director xeral de Emerxencias e Interior participa na entrega dos premios que concede a Autoridade de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal para a posta en valor das distintas iniciativas de colaboración
  • A Axencia Galega de Emerxencias lidera unha iniciativa co Goberno de Castela e León, a Universidade da Coruña, a CIM Alto Minho, a CCDR-N, a GNR e o Instituto Nacional de Emerxencias Médica de Portugal que incorpora a intelixencia artificial á xestión das emerxencias
  • O vídeo de presentación sobre a iniciativa, denominada Atempo, resultou premiado ao alcanzar o segundo posto na clasificación dos mellores traballos de acción comunicativa sobre os distintos proxectos de cooperación transfronteiriza

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Porto (Portugal), 12 de decembro de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na entrega dos premios que concede a Autoridade de Xestión do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal para o recoñecemento da acción comunicativa a prol das distintas iniciativas de colaboración e desenvolvemento rexional. Na súa intervención, Villanueva defendeu o proxecto de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias, Atempo, como un cambio de paradigma pola aplicación de ferramentas para a anticipación, optimización dos recursos e minimización dos riscos.

Durante o evento, que se celebrou hoxe no Porto, o director xeral explicou que co proxecto Atempo, impulsado a través do programa europeo, "búscase non só afrontar os desastres, senón a maneira de anticiparnos a eles, reducir a mínimos o factor sorpresa e asegurarnos que cada actor involucrado saiba que facer en cada momento remando xuntos na mesma dirección". "Emerxencias como os incendios forestais non entenden de fronteiras e, fronte a elas, a única resposta efectiva é a unidade, a planificación e a innovación tecnolóxica", sinalou.

O proxecto Atempo está liderado pola Axencia Galega de Emerxencias e conta coa participación doutras institucións, como o Goberno de Castela e León, a Universidade da Coruña, a CIM Alto Minho, a CCDR-N, a GNR e o Instituto Nacional de Emerxencias Médicas de Portugal. O seu obxectivo é seguir fortalecendo a colaboración entre Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal en materia de emerxencias, e dar un paso máis mediante a incorporación de ferramentas para a anticipación e a optimización dos recursos.

Aplicación da intelixencia artificial

Nesta liña, apostouse pola aplicación da intelixencia artificial, que "lonxe de ser só un recurso tecnolóxico, representa un cambio de modelo", apuntou Villanueva, porque permite prever comportamentos, anticipar decisións, optimizar os recursos e reducir riscos para a poboación.

Así, mediante este certame, a Autoridade de Xestión dos Programas de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, pretende poñer en valor estas iniciativas e a maneira de dálas a coñecer entre a poboación coa execución e deseño de campañas audiovisuais e de aproveitamento nas redes sociais.

Neste senso, a Axencia Galega de Emerxencias de Galicia resultou premiada ao alcanzar o segundo posto na clasificación dos mellores traballos de acción comunicativa. Trátase dun vídeo que recolle o desenvolvemento dun simulacro de incendio forestal, cuxo inicio se sitúa en El Maíllo, Salamanca, e remata por propagarse alén dos límites xeográficos das comunidades autónomas e o Norte de Portugal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/12/2024
730370 {"title":"A Xunta defende un cambio de modelo na xestión das emerxencias transfronteirizas mediante ferramentas para a anticipación e optimización dos recursos","published_date":"2024-12-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/140477-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"730370"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-12/730370-xunta-defende-cambio-modelo-na-xestion-das-emerxencias-transfronteirizas-ferramentas-anticipacion-e-optimizacion-dos-recursos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.