Villares remarca que o Goberno central nin fixo o seu traballo nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Lamenta que o Executivo se congratule da negociación, cando nin tan sequera tivo en conta as cuestións que indica a sentenza do TXEU, relativas a que a distribución dos límites ten que corresponderse coas características socioeconómicas de cada zona
- Insiste en que o acordo acadado co Reino Unido supón grandes baixadas na pescada do caladoiro do Atlántico Norte, o que repercutirá nunha perda de ingresos para economía galega de 54 M€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, considera que o Goberno central nin fixo o seu traballo, nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol, tal e como se fixo público no día de hoxe. Tal é así que Villares tacha de "envelenada" a proposta defendida pola Comisión Europea ao ser a herdada do anterior equipo do Comisario Sinkevicius. Por este motivo, o conselleiro remarca que o Executivo non logrou cambios significativos coa negociación e que non achegou argumentos para corrixir a distribución dos límites de capturas deste caladoiro.
Deste xeito, o responsable autonómico lamenta que o único que se plasmase fose a proposta inicial e que non se tivesen en conta as cuestións que indica a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo (TXEU) relativas a que no reparto hai que ter en conta os aspectos socioeconómicos de cada zona. E é que o acordo acadado co Reino Unido supón grandes baixadas na pescada que faena nas augas do Atlántico Norte, o que repercutirá nunha perda de ingresos moi importante para a economía galega, cifrada en preto de 54 millóns de euros.
Asemade, especies como o xurelo da zona 9A (augas portuguesas-este), o ollomol ou a cigala tampouco son alleas a estas restricións que incrementarán a perda de competitividade e da economía dos barcos que se dedican á súa captura. Para o máximo mandatario de Mar da Xunta é positivo que se corrixisen incoherencias relativas ao abadexo, ao xurelo do Cantábrico e á anchoa, que viñan sendo demandadas nos últimos tempos por Galicia, coma a separación dos stocks da anchoa da zona 9A e a posibilidade de pesca dirixida no xurelo do Cantábrico. Asemade, Villares considera que existen casos de posible incidencia negativa, coma o ollomol, e que estes efectos se irán vendo a medida que a aplicación dos recortes se faga efectiva.
Por todo elo, dende Galicia, o responsable de Mar adianta que se seguirá traballando e en permanente diálogo co sector para defender os seus intereses.