A Xunta aposta polo impulso das ensinanzas artísticas en Galicia con accións para a mellora da innovación

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, inaugura 'Enfócate', o primeiro encontro do ensino do audiovisual, a imaxe e o son que reúne 700 estudantes
  • O Premio Pulitzer Emilio Morenatti ofrece unha clase maxistral para o alumnado, que ten a oportunidade de aprender de recoñecidos profesionais e empresas do sector
Imagen del artículo A Xunta aposta polo impulso das ensinanzas artísticas en Galicia con accións para a mellora da innovación
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou hoxe o I encontro de Ensinanzas do sector da imaxe de Galicia, Enfócate, que congrega en Santiago a unhas 700 persoas entre estudantes e profesorado de artísticas e de Formación Profesional dos eidos do audiovisual, a imaxe e o son. Ao longo da xornada poden participarán dunha serie de actividades dirixidas por recoñecidos videógrafos, fotoxornalistas e blogueiros, así como empresas punteiras no sector.

O titular de Educación da Xunta convidou ao alumnado participante a sacarlle o máximo aproveitamento á xornada para "aprender dos mellores profesionais con perspectivas moi enriquecedoras para o seu futuro persoal e profesional". Neste senso, fixo referencia ao premio Pulitzer de Fotografía Emilio Morenatti, que ofrece unha masterclass neste evento, e a empresas punteiras no sector, aos que agradeceu a súa colaboración na primeira edición deste evento que está chamado a consolidarse no futuro. Xunto a el participan outros nomes destacados como Antonio Garci, Carlos Quezada, Dani Díaz, Manuel San Frutos, Mara Saiz, Paco Rocha, Santi Veiga e Tony Martín.

Román Rodríguez gabou a aposta da Xunta polo impulso das Ensinanzas Artísticas como unha formación "de primeiro orde académico" xa que delas "se nutre a canteira da cultura e da industria creativa do noso país". A este respecto, reiterou o compromiso de avanzar nunha formación "de calidade e innovadora" á que contribúen eventos como o de hoxe, onde profesionais e empresas comparten os seus coñecementos e experiencias cos estudantes a través de obradoiros e clases maxistrais de representantes de firmas recoñecidas como Sony, Canon España, Godox España ou Fufijfilm Europe, entre outras.

Novas medidas de impulso

O representante de Educación do Goberno galego referiuse tamén a iniciativas que blindan a igualdade de oportunidades como é a gratuidade da matrícula para todos os estudantes de Ensinanzas Artísticas Superiores, "unha medida pioneira en todo o Estado que puxemos en marcha por primeira vez este curso", ou accións como a feira InnovArt, que este curso celebrará a súa terceira edición, a incorporación do plurilingüismo ás ensinanzas de Artes plásticas e deseño ou a apertura das escolas de arte aos premios a proxectos de innovación da FP, entre outros.

Impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Enfócate ten como principal obxectivo dar visibilidade aos programas educativos relacionados co sector audiovisual, imaxe e son e, ao mesmo tempo, compartir formación específica impartida por profesionais deste ámbito.

No evento participan alumnos e profesores dos centros integrados de Formación Profesional CIFP Imaxe e Son (A Coruña), CIFP Audiovisual de Vigo, CIFP A Farixa (Ourense), os Institutos IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Saturnino Montojo (Ferrol) e IES Virxe do Mar (Noia) e as catro escolas de Arte e superiores de Deseño que temos en Galicia: EASD Pablo Picasso (A Coruña), EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela), EASD Ramón Falcón (Lugo) e EASD Antonio Faílde (Ourense).

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/12/2024
727463 {"title":"A Xunta aposta polo impulso das ensinanzas artísticas en Galicia con accións para a mellora da innovación","published_date":"2024-12-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"727463"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-11/727463-xunta-aposta-polo-impulso-das-ensinanzas-artisticas-galicia-accions-mellora-da-innovacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.