Rueda destaca o sector da artesanía coma garante da identidade galega e embaixador da marca Galicia por todo o mundo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Asegura que os preto de 800 obradoiros que hai na comunidade representan "a Galicia potente que ten que estar no mundo, pero sen renunciar as súas raíces"
  • A Xunta incrementa un 14% o apoio á Fundación Artesanía de Galicia para 2025 e reforza o programa 'Aprender da tradición' que forma en oficios coma a forxa, a xastrería ou a olería
  • Salienta o apoio do Goberno autonómico ao pequeno comercio cunha nova edición dos Bonos Activa Comercio e o futuro Plan estratéxico do sector que se aprobará no primeiro trimestre de 2025
Imagen del artículo Rueda destaca o sector da artesanía coma garante  da identidade galega e embaixador da marca Galicia por todo o mundo
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta mañá o papel da artesanía coma garante da identidade e cultura galega e como "embaixadora da marca Galicia" polo mundo.  

Durante a gala de entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2024, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o presidente salientou "o enorme potencial dos artesáns galegos" e fixo fincapé en que se trata dun sector que representa "a Galicia potente que ten que estar no mundo, pero sen perder as súas raíces".

A comunidade conta con preto de 800 obradoiros que axudan a dinamizar a economía e fixar poboación no rural galego.  Por iso, a Xunta leva anos apoiando a este sector. Galicia foi a primeira comunidade en contar cun selo propio -Artesanía de Galicia- que desde os anos noventa promove e difunde o labor dos artesáns galegos. Os orzamentos de 2025 reservan 1,2 millóns de euros para a Fundación Artesanía de Galicia, o que supón un incremento do 14%. 

Ademais, a Xunta ten en marcha diferentes iniciativas para garantir a remuda xeracional no sector da artesanía. Entre elas destaca o programa Aprender da tradición, unha iniciativa pioneira que se puxo en marcha no 2023 e que vai ser ampliada no vindeiro ano. Un programa que busca mellorar a formación dos traballadores de obradoiros e captar novos talentos para este eido a través de cursos específicos para oficios coma a forxa, a sombreirería, a xastrería, a ourivería ou a olería. 

O Goberno autonómico tamén destinará o vindeiro ano 265.000 euros a axudas para fomentar a comercialización das pezas de artesanía feitas na comunidade. E ademais reforzará o apoio a este sector a través de medidas para dinamizar o pequeno comercio como o Bono Activa Comercio que acaba de ampliar a sexta edición con outros 2,5 millóns de euros- ou o Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 que está previsto aprobarse no primeiro trimestre do vindeiro ano e que busca impulsar a competitividade, modernización e dixitalización dos máis de 24.000 comercios polo miúdo que hai en Galicia.

Galardoados 2024

A obra gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2024 foi #PERIFERIA01, de Julia de la Cal Rodríguez, do obradoiro artesanal La Parabólica (O Porriño, Pontevedra). Na mesma categoría resultaron finalistas as pezas JU, do autor Aitor Martínez López de Arbina, do obradoiro artesanal Aitor (Tomiño, Pontevedra) e Culeiros, de Santiago Besteiro García, do obradoiro artesanal Santiago Besteiro Design (Monterroso, Lugo).

Albino Quinteiro Mora, artesán vigués especializado no téxtil e cunha longa traxectoria como investigador, docente e divulgador dos oficios tradicionais, foi recoñecido con Premio Traxectoria.

As tres bolsas Eloy Gesto 2024 foron para Carla Souto (A Coruña), Mónica Bastón, do obradoiro Leónlagata (Sanxenxo, Pontevedra) e Santiago Besteiro (Monterroso, Lugo).

 

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/12/2024
724663 {"title":"Rueda destaca o sector da artesanía coma garante da identidade galega e embaixador da marca Galicia por todo o mundo","published_date":"2024-12-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"724663"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-10/724663-rueda-destaca-sector-da-artesania-coma-garante-da-identidade-galega-e-embaixador-da-marca-galicia-mundo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.