María José Gómez: "Vivir no rural e do rural é posible, merece a pena e ademais hai moitas oportunidades"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Trasladou os seus parabéns aos premiados e finalistas destes galardóns e louvou as súas traxectorias que, destacou, "encaixan perfectamente cos valores, a filosofía e os criterios de actuación que promovemos desde a Consellería do Medio Rural" 
  • Os premiados nesta edición foron a Banda de Música Unión de Guláns; o Ecomuseo el país del abeyeiro; Agadea; Solpor Camper Park Experiencie; Moexmu; Outonía Sociedade Cooperativa Galega; Muiñeiras de Requiande e a Aldea Modelo de Meixide na Veiga
  • Como finalistas quedaron Artio Nutrición; Máis ca leña; a asociación Aixiña; Aldea do Mazo; Enflor Agroecoloxía; Matria, cheas de vida; Calabizo e a Recuperación de terras abandonadas e posta en funcionamento no Incio (Lugo)

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

"Vivir no rural e do rural é posible e merece a pena e, ademais, no rural hai moitas oportunidades". Así o defendeu hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, durante a súa intervención na entrega dos XV Premios ao Desenvolvemento Rural. Neste evento, María José Gómez trasladou os seus parabéns aos premiados e finalistas destes galardóns e louvou as súas traxectorias que, destacou, "encaixan perfectamente cos valores, a filosofía e os criterios de actuación que promovemos desde a Consellería do Medio Rural".

Así, a conselleira quixo recoñecer o traballo da Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns -premiada na categoría Mocidade-, na liña de favorecer a permanencia da xente nova no rural. Neste mesmo apartado, a finalista foi a empresa Artio Nutrición, que desde Dodro favorece a creación de emprego coa venda de bebidas isotónicas a toda España. Do mesmo xeito, referiuse ás iniciativas recoñecidas na categoría Paisaxe Rural. Como primeiro premio, Ecomuseo, el país del abeyeiro e como finalista Máis ca leña. Definiunos como "exemplos de recuperación e posta en valor da biodiversidade", no primeiro caso a través das abellas e, no segundo, dando novos usos a un monte comunal.

Proxectos de Interese social e do sector turístico

Nesta mesma liña, dentro do apartado de Proxectos de interese social, Gómez enxalzou a contribución dos colectivos Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer -Agadea- (primeiro premio) e Aixiña (finalista) na mellora da calidade da vida da xente, neste caso cunha atención especial cara os colectivos desfavorecidos, persoas en situación de discapacidade e maiores. En parecidos termos, a titular de Medio Rural puxo tamén de relevo outras dúas iniciativas galardoadas neste acto, neste caso no sector turístico, como son Solpor Camper Park Experiencie (primeiro premio) no eido das autocaravanas e Aldea do Mazo (finalista) como mostra de que é posible devolverlle a vida social e económica a un espazo abandonado.

En relación directa co sector agrogandeiro, a conselleira reiterou o compromiso da Xunta co aumento da competitividade das explotacións, ao tempo que se mellora o medio ambiente e o medio rural. Unha aposta que, dixo, sosteñen os dous premiados hoxe nesta categoría: A Mostra Exposición de Muimenta (de Cospeito, Lugo), coñecida como Moexmu, que recibiu o primeiro galardón e que constitúe unha das feiras decanas de Galicia, e Enflor Agroecoloxía, como finalista, que fomenta o desenvolvemento da zona na que se atopa e o consumo do produto local dunha forma sustentable e innovadora.

Dentro da categoría de mulleres, resultou vencedor o proxecto presentado por Outonía Sociedade Cooperativa Galega, pola súa iniciativa de autoemprego para loitar contra o despoboamento no rural, tal como puxo en valor a conselleira, e finalista a iniciativa Matria, cheas de vida, que Gómez subliñou por "liderar un movemento baseado na solidariedade, comunidade e sustentabilidade femininas, valores que definen perfectamente o mundo rural".

No que atinxe ao apartado de Innovación tecnolóxica, a titular de Medio Rural sinalou que o primeiro premio, concedido a Muiñeiras de Requiande, recolle perfectamente a filosofía de mesturar tradición e innovación. Esta iniciativa permitiu converter unha leira e un cortello nunha conserveira de uso compartido, nun proxecto de economía circular. En canto á proposta que resultou finalista, trátase de Calabizo, que desenvolveu un proceso de fabricación dun embutido vexetal tomando como materia prima a cabaza. Por último, na categoría de Recuperación e posta en valor da terra agraria, a conselleira salientou o valor do primeiro premio, que recaeu este ano na Aldea modelo de Meixide, situada no concello ourensán da Veiga, "un exemplo de xenerosidade máxima na que 151 veciños acordaron ceder terreo para o proxecto agrogandeiro de dous emprendedores apaixonados do rural", segundo remarcou Gómez. O proxecto finalista foi a Recuperación de terras abandonadas e posta en funcionamento (no Incio, Lugo).

Enxeño galego

A encargada de abrir este acto foi a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, quen salientou que "cada un dos proxectos que hoxe recoñecemos é un testemuño do enxeño galego e da capacidade da nosa comunidade para adaptarse e prosperar".  Ademais, fixo referencia ao escenario do Panteón de Galegos Ilustres, que acolleu a entrega de premios, lembrando que "cada uno de nós ten o potencial de deixar unha pegada na nosa terra. Así como eles, temos a responsabilidade de traballar por unha Galicia máis próspera, inclusiva e sustentable", concluíu.

A este acto asistiron tamén outros altos cargos da Consellería do Medio Rural, como o seu secretario xeral técnico, Jorge Atán; o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte. Participaron ademais os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e en Lugo, Javier Arias, así como o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galicia, Elena Candia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/12/2024
724648 {"title":"María José Gómez: \"Vivir no rural e do rural é posible, merece a pena e ademais hai moitas oportunidades\"","published_date":"2024-12-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/140524-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"724648"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-10/724648-maria-jose-gomez-vivir-rural-e-do-rural-e-posible-merece-pena-e-ademais-hai-moitas-oportunidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.