Manuel Pardo subliña que Galicia é un destino privilexiado e atractivo para o turismo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial significou que o turismo activo contribúe á desestacionalización e achega, ao abeiro da natureza, visitantes de proximidade á nosa comunidade a través dos deportes
  • Manuel Pardo explicou que o turismo deportivo ou turismo activo está estreitamente relacionado co turismo rural, xa que pode intervir como xerador de rendas complementarias e estabilizador demográfico no mundo rural
  • O representante do Goberno galego sinalou que o turismo activo ademais de ser unha fonte de ingresos económicos, ten un impacto directo na cohesión social e na integración cultural

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 09 de decembro de 2024

"Galicia é un destino privilexiado, atractivo e seguro para o turismo"; así sentenciou o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, na inauguración da sétima edición de Sportur Galicia, VII Salón do Deporte e Turismo Activo e o V Congreso Internacional de Turismo e Deporte, que se desenvolverán paralelamente en Expourense os días 12 e 13 de decembro, e na que a participación como asistente ou visitante será completamente gratuíta. 

O delegado territorial significou que o turismo activo contribúe á desestacionalización e achega, ao abeiro da natureza, visitantes de proximidade á nosa comunidade a través dos deportes; e na actualidade segundo Manuel Pardo "a fórmula que combina turismo e deporte estase a constituír  como un dos atractivos máis importantes na nova oferta turística, xa que é un mercado en expansión e ofrece grandes beneficios económicos a nivel local, autonómico e nacional".

Para Manuel Pardo o turismo deportivo ou turismo activo está estreitamente relacionado co turismo rural, xa que pode intervir como xerador de rendas complementarias e estabilizador demográfico no mundo rural e pode acadar un papel destacado no mantemento e a conservación do medio natural en moitos lugares, xa que contribúen e facilitan os intercambios culturais en moitas pequenas poboacións.

O representante do Goberno galego, puxo de manifesto a importancia do vínculo que ten o deporte e o turismo e a oportunidade estratéxica que supón esta alianza nunha provincia que conta cun patrimonio natural que debemos artellar como modelo europeo de turismo sostible.

O delegado territorial explicou que o turismo activo, ademais de ser unha fonte de ingresos económicos, ten un impacto directo na cohesión social e na integración cultural. Os turistas que nos visitan non só gozan de nosas paisaxes e as nosas actividades deportivas, senón que tamén teñen a oportunidade de coñecer as nosas tradicións, a nosa gastronomía e a nosa hospitalidade.

Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo

Sportur Galicia, VII Salón do Deporte e Turismo Activo convoca a un total de 44 participantes entre os que destacan as federacións e clubs deportivos de Galicia que comparten espazo con destinos e empresas de turismo activo e vencellados coa natureza de Galicia e Portugal.

Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias) para que poidan coñecer as opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores. Tamén se converterá nun bo escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade, xa que máis da metade dos expositores son clubs e asociacións de distintos deportes que aproveitarán a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos e clases abertas para os visitantes.

V Congreso Internacional de Turismo e Deporte

V Congreso Internacional de Turismo e Deporte contará coa participación de 20 expertos que analizarán o potencial e a influencia do deporte na oferta turística dun destino. O deporte está entre as tres principais motivacións dos turistas estranxeiros que visitan España o que é, sen dúbida, unha oportunidade para a diferenciación dos destinos e para o seu desenvolvemento económico.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/12/2024
722074 {"title":"Manuel Pardo subliña que Galicia é un destino privilexiado e atractivo para o turismo","published_date":"2024-12-09","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/140355-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"722074"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-12-09/722074-manuel-pardo-sublina-galicia-e-destino-privilexiado-e-atractivo-turismo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.