A Xunta aposta por implicar a toda a sociedade no coidado da riqueza paisaxística de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O IET manterá en 2025 a súa aposta polo fermosismo e destinará 2 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Oleiros (A Coruña), 5 de decembro de 2024
O director do Instituto do Estudos do Territorio (IET), Enrique de Salvador, apostou hoxe por implicar a toda a sociedade no coidado da riqueza paisaxística de Galicia por ser un elemento fundamental do patrimonio da Comunidade.
Durante a súa participación no acto de entrega do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2024, o director do IET puxo en valor o compromiso dos galardoados -as Cabanas de Enoturismo María Manuela, a Casa Grande de Xanceda, restaurante Culler de Pau e o forno de pan de Cea Aboamigalla- coa calidade construtiva e a correcta integración paisaxísticas das actuacións que foron recoñecidas.
Enrique de Salvador incidiu na importancia da implicación das administracións, o sector privado e a cidadanía para seguir a protexer a paisaxe como sinal de identidade da comunidade. Nesa liña, o IET manterá en 2025 a súa aposta polo fermosismo e destinará 2 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos.
De feito, o vindeiro 9 de xaneiro publicarase no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de axudas a particulares e concellos para mellorar a imaxe exterior de vivendas e inmobles e equipamentos municipais. Cómpre lembrar que, desde a posta en marcha desta iniciativa, no ano 2021, o Goberno galego apoiou con 9,5 M€ a máis de 110 entidades locais e a 2.100 familias na execución de obras e actuacións para a corrección de impactos paisaxísticos.