A Xunta publica hoxe no DOG a transferencia a prol do concello de Frades dun treito antigo da AC-524 que dá acceso a parcelas agrícolas e forestais no municipio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Transfírese á entidade local un treito de 154 metros da marxe esquerda desta vía autonómica, xunto co seu dominio público viario, entre os quilómetros 8+780 e 8+930
- Co cambio de titularidade o Concello de Frades terá a competencia para actuar nesta vía e asume a súa conservación e mantemento
- Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, é dicir, desde mañá
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto da transferencia a prol do Concello de Frades dun treito antigo da estrada AC-524, xunto co seu dominio público viario. A entidade local solicitou a transferencia deste antigo treito da vía autonómica, que dá acceso a parcelas agrícolas e forestais situadas neste municipio coruñés.
A través deste decreto, transfírese o treito, de 154 metros de lonxitude da marxe esquerda da AC-524, entre os puntos quilométricos 8+780 e 8+930.
O Cambio de titularidade deste treito da vía autonómica a prol do Concello de Frades tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas como competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións.
Coa publicación hoxe do decreto de cambio de titularidade, o Concello de Frades terá a competencia para actuar neste treito da AC-524 e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación, é dicir, desde mañá.