Preto dun centenar de investigadores participan na presentación do Mapa da cuántica en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Román Rodríguez inaugura o primeiro encontro do persoal que traballa nesta área nas universidades, centros de investigación e innovación e empresas
- O obxectivo da Consellería de Ciencia é visibilizar as capacidades da Comunidade neste ámbito e facilitar colaboracións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, abriu esta mañá o I Encontro de persoal investigador en tecnoloxías cuánticas celebrado en Santiago de Compostela. Trátase dun evento organizado pola Xunta de Galicia co obxectivo de visibilizar as capacidades do ecosistema galego de cuántica e facilitar o encontro e impulsar colaboracións entre institucións académicas, centros de investigación e de innovación, empresas e administración.
Na cita presentouse o Mapa de capacidades en tecnoloxías cuánticas de Galicia, que reúne a 126 persoas e infraestruturas de sete centros. A primeira versión do Mapa, que se lle entregou aos participantes no encontro, é unha guía dos recursos humanos e dos equipamentos da nosa Comunidade neste ámbito. Durante o encontro, ademais, 16 grupos de investigación que están traballando en cuántica presentaron as súas competencias.
Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, agradeceu a asistencia de preto de 100 persoas investigadoras inscritas no encontro para seguir traballando polo desenvolvemento dunha tecnoloxía cun enorme potencial para a transformación económica e produtiva e a atracción de talento e investimentos co obxectivo de converter a Galicia nun referente nesta materia.
Por último, o titular de Ciencia do Goberno galego animou aos axentes especializados nestas tecnoloxías a colaborar para aproveitar as capacidades de Galicia, para xerar sinerxías participando conxuntamente en proxectos de I+D+i e para avanzar na xeración de oportunidades para a investigación neste campo.
Coincidindo coa celebración deste encontro, reuniuse tamén o pleno da Rede galega de tecnoloxías cuánticas, que acordou a incorporación dun novo membro, o centro tecnolóxico Aimen, que se suma aos 15 membros actuais.