Belén do Campo participa nos actos para celebrar o Día Internacional da Discapacidade "Baixo o mesmo paraugas" na Coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego elaborará o vindeiro ano un protocolo para a atención a mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 3 de decembro de 2024
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na Coruña no acto para celebrar o Día Internacional da Discapacidade "Baixo o mesmo paraugas", no que máis dun centenar de paraugas de cores asolagaron a praza de Parrote para reclamar a inclusión plena das persoas con discapacidade.
En varias cidades galegas, entre elas A Coruña, abríronse os paraugas un ano máis para concienciar sobre a diversidade e reivindicar de forma conxunta unha vida digna e plena para este colectivo. No acto mesmo levouse a cabo a lectura dun manifesto realizado por catro persoas con discapacidade e un alumno dun colexio.
A delegada lembrou que a Xunta seguirá traballando para ampliar a atención á discapacidade en todas as idades; seguirá consolidando un sistema educativo que se ten convertido no máis inclusivo de toda España; seguirá facilitando o acceso ao mundo laboral das persoas con discapacidade; e seguirá ampliando a oferta deportiva, de cultura inclusiva e de tempo libre accesible a toda a sociedade. Neste camiño enmárcanse tamén medidas como a entrada en vigor este ano do concerto social, un compromiso coas entidades que permitirá blindar a atención á discapacidade para os vindeiros anos.
O Goberno galego tamén elaborará o vindeiro ano un protocolo para a atención a mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero. O obxectivo é deseñar medidas específicas e establecer unhas pautas concretas para conseguir unha prevención, detección e atención axeitada destes casos.