A Xunta colabora co xeodestino da Mariña para impulsar o turismo gastronómico na comarca
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Cervo (Lugo), 2 de decembro de 2024
A Xunta de Galicia colabora coa Mancomunidade de Municipios da Mariña na organización das xornadas Amodo. Conversas arredor da gastronomía na Mariña, que se enmarcan nas accións encamiñadas a potenciar o turismo gastronómico neste xeodestino.
O Goberno galego entende que a gastronomía da zona, baseada en produtos de proximidade de calidade, é un valioso recurso para reforzar a oferta turística.
As xornadas, que se están a desenvolver en Cervo, están dirixidas a xornalistas especializados no ámbito turístico e os relatores son profesionais do sector de distintos puntos de España. Entre outros, participan representantes do Basque Culinary Center de San Sebastián, o Barcelona Fòrum Gastronòmic ou do Consello Regulador da Denominación de Orixe Viños de Xerez.