Medio Rural destaca na Semana Gandeira de Mazaricos o liderado deste municipio na produción de leite en Galicia e o pulo xeral deste sector clave do agro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira María José Gómez definiu este evento como "unha cita de referencia para todo o sector non só nesta comarca, senón en Galicia en xeral"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Mazaricos (A Coruña), 1 de decembro de 2024
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez salientou este mediodía que Mazaricos é o primeiro concello galego en produción de leite. Fíxoo na súa visita á xornada de clausura da Semana Gandeira desta localidade, que acolleu dende o pasado luns diferentes actividades relacionadas co sector leiteiro.
Así, a conselleira asistiu hoxe á poxa de gando frisón Memorial José Moreira e puxo en valor a clara vocación gandeira deste municipio coruñés e de toda a bisbarra. Neste contexto, Gómez definiu a Semana Gandeira como "unha cita de referencia para todo o sector non só nesta comarca, senón en Galicia en xeral".
O programa desta Semana incluíu ademais unha mesa redonda virtual sobre a situación actual e perspectivas de futuro do sector lácteo galego, así como visitas de escolares a explotacións e industrias leiteiras, concursos de fotografía e de debuxo e outras actividades de carácter lúdico.
Neste evento, a conselleira quixo tamén poñer de relevo o pulo do sector lácteo galego en xeral, que se pon de manifesto con feitos como a súa condición de líder nacional en produción e número de gandeiros, así como coa súa posición destacada no conxunto de Europa neste mesmo eido produtivo clave do rural.