A Xunta colabora co Concello de Sober no acondicionamento da Alameda da praza, onde se instalará unha pérgola para humanizar a contorna e acadar unha zona protexida no verán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O investimento total das intervencións suma algo máis de 70.000€, dos que a Xunta financia o 70%, é dicir, 49.521€, e o Concello o 30% restante
- A previsión é que as obras comecen a principios do 2025 e poidan estar rematadas no mes de xuño
- As actuacións levaranse a cabo na Alameda da praza, onde se prevé colocará a pérgola, se dotará de bancos e de iluminación pública mediante luminarias LED que permitirán un aforro enerxético
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Sober (Lugo), 30 de novembro de 2024
A Xunta colabora co Concello de Sober no acondicionamento da Alameda da praza da vila, onde se instalará unha pérgola para humanizar a contorna e acadar unha zona protexida no verán.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, achegouse hoxe a Sober para asinar co alcalde, Luis Fernández, un convenio de colaboración para materializar as actuacións previstas.
O investimento total das intervencións suma algo máis de 70.000€, dos que a Xunta financia o 70%, é dicir, 49.521€, e o Concello o 30% restante, 21.2243€.
Allegue sinalou que a previsión é que as obras comecen a principios do 2025 e poidan xa estar rematadas no mes de xuño para dar servizo no período estival.
As actuacións levaranse a cabo de xeito conxunto na Alameda desta praza, onde se prevé a colocación desta pérgola, que ademais de acadar un punto de encontro de veciños e visitantes, funcionará como un espazo de refuxio para días de calor.
Esta zona dotarase de bancos e habilitarase a instalación de iluminación pública mediante luminarias LED, que permitirán un aforro enerxético.
Ademais disporanse arborado e plantas para embelecer esta contorna e contribuír a xerar sombras.
A conselleira lembrou que estes traballos darán continuidade á reforma realizada pola Xunta nesta praza en 2017, cun investimento de case 280.000€ que permitiu abordar unha remodelación.
Plan Hurbe
Remarcou que estes proxectos se acometen a través do Plan Hurbe do Goberno galego, apoiando aos municipios para mellorar a calidade de vida dos veciños. Con este programa, a Xunta colabora no financiamento da dotación de equipamentos públicos ou a mellora de contornas urbanas.
Trátase de obras de humanización e mellora dos espazos públicos que xogan un papel fundamental para a posta en valor das vilas, e para dinamizalas social e economicamente.
Cómpre lembrar que a Xunta investiu nos últimos catro anos 17M€ en máis de 80 actuacións en Galicia ao abeiro deste programa. De xeito máis concreto, entre 2010 e 2024 desenvolvéronse 423 actuacións en concellos ao abeiro do Plan Hurbe.
No ano 2024, este plan tivo un investimento de 8,5M€ que a Xunta seguirá mantendo nos Orzamentos do 2025, con partidas duns 9M€.
Por outra parte, no ámbito das estradas, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas tamén está a avanzar no proxecto para habilitar unha glorieta na LU-903 en Doade, pois xa están xa convocados os actos expropiatorios.
Esta intervención suporá un investimento de preto de 410.000 euros e ten como obxectivo facilitar os movementos de forma máis áxil e segura na intersección entre esta vía e a estrada provincial LU-P-5903.