A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado da 1ª fase da conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión-Noia, cun orzamento de 29 M€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O DOG publica hoxe este anuncio, que tamén inclúe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, establecendo 30 días hábiles contados a partir de mañá para presentar alegacións
  • O obxectivo da Xunta é poder licitar e executar as obras ao longo do ano 2025
  • Trátase da 1ª fase do desdobramento do tramo de 9,66 km, desde o remate da autovía Santiago-Brión ata o inicio do tramo Martelo-Noia, actuándose no 60% da lonxitude da vía de altas prestacións VG-1.5

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de trazado da 1ª fase de conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións Brión-Noia (CG-1.5), que suporá un orzamento que rolda os 29M€.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio, que tamén inclúe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241129/AnuncioG0181-251124-0001_gl.html

O prazo para presentar alegacións a este proxecto será de 30 días hábiles contados a partir de mañá.

O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 km, iniciándose no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finalizando no tramo Martelo-Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da vía de altas prestacións Brión-Noia, aproximadamente.

A previsión é aprobar o proxecto no 2º trimestre de 2025, para a continuación realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións e licitar as obras ao longo do ano. O prazo de execución é de 18 meses, aínda que se concretará nos dous proxectos construtivos que se derivarán deste proxecto de trazado.

O obxectivo é converter en autovía o treito comprendido entre os quilómetros 11+640 e o 21+300, realizándose o desdobramento para a autovía cara ao lado esquerdo da vía de altas prestacións CG-1.5, polo que se manterá a estrutura actual ao situarse no lado contrario do carril lento. Isto favorecerá que se poida manter a funcionalidade durante o transcurso das obras.

Cómpre lembrar que durante a realización das obras desta vía en calzada única xa se tivo en conta a futura conversión en autovía, cun trazado axeitado. Para iso na execución da vía de altas prestacións Brión-Noia realizáronse os movementos de terras principais da obra e os pasos superiores e inferiores, que non é necesario ampliar salvo no caso do paso inferior situado no quilómetro 11+990.

En concreto, a estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago-Brión.

No marco das obras que se acometerán realizaranse algunhas modificacións na conexión coa autovía Santiago-Noia (AG-56), co obxecto de adaptar o trazado existente á nova autovía. Unha das modificación consistirá na reconstrución dos noiros do desmonte  na marxe esquerda en dirección Noia, para obter o ancho necesario para a nova sección.

Actualmente o treito obxecto deste proxecto de trazado da vía de altas prestacións Brión-Noia conta con dous enlaces a distinto nivel, Urdilde e Martelo, e cun ramal de incorporación a nivel en Gundín, sentido Santiago. Os dous enlaces conservaranse, sendo obxecto do desdobramento a execución definitiva dos ramais da calzada para desdobrar, pero o ramal de Gundín desaparecerá coa ampliación da calzada pola imposibilidade física de conservalo co desdobramento da vía.

Así os enlaces deste novo treito de autovía estarán en Urdilde, no punto quilométrico 15+400, a 3,4 quilómetros do anterior enlace en Brión; e en Martelo, no punto quilométrico 18+930 a 3,53 quilómetros do anterior enlace.

No caso do viaduto de Naveira, proponse unha ponte xemelga á existente, coa peculiaridade de que os pilotes de 1 metros de diámetro dos estribos xa están executados. O viaduto terá 7 vans de 40 metros de luz entre eixos de pilas. Estas serán fustes octogonais ocos. O taboleiro terá unha anchura de 11,50 metros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/11/2024
704746 {"title":"A Xunta somete a información pública o proxecto de trazado da 1ª fase da conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión-Noia, cun orzamento de 29 M€","published_date":"2024-11-29","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/138412-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"704746"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-29/704746-xunta-somete-informacion-publica-proxecto-trazado-da-1-fase-da-conversion-autovia-da-via-altas-prestacions-brion-noia-cun-orzamento-29-m https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.