Portos de Galicia comeza a reflotar o barco boniteiro afundido en Camariñas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O ente público lembra que a responsabilidade do proceso corresponde ao propietario do barco e que, ante a inacción deste, asume a xestión do proceso do que lle repercutirá os gastos, que ascenden a 15.000 polo levantamento e arredor de 50.000 para o despece
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, comeza hoxe a reflotar o barco boniteiro Jaungaikoa, afundido logo de incendiarse o pasado 4 de setembro no porto de Camariñas. Este proceso pode dar inicio dentro do prazo orixinalmente estimado tras recibir o informe e custes preliminares, así como a tramitación do contrato para a realización das labores.
Portos asumiu estes traballos tras a inacción por parte do propietario do barco, que é o responsable legal tanto do propio proceso de reflotalo como das consecuencias derivadas do ocorrido. Porén, dado o incumprimento desta obriga dentro do prazo establecido pola lei, o ente público viuse obrigado a levar a cabo as tarefas e asumir os custes derivados do proceso.
Deste xeito, e tras a elaboración do informe de situación encargado por Portos a unha empresa especializada en inspección submarina, os gastos de base de reflotar o Jaungaikoa ascenden a 15.000 euros. Unha vez reflotado, o barco deberá ser trasladado a un xestor autorizado para o seu despece, cuxo importe estímase en arredor doutros 50.000 euros. Portos de Galicia está a tramitar agora a contratación destes traballos.