A Xunta amplía as zonas demarcadas pola presenza da flavescencia dourada da vide

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución na que se recollen as parroquias afectadas por esta ampliación e as novas medidas de erradicación e control
  • Os titulares das parcelas nas que se detecte a presenza de plantas infestadas ou insectos vectores deberán eliminar as plantas infestadas o antes posible e aplicar un tratamento insecticida autorizado en toda a parcela
  • En todas as zonas demarcadas obrigaranse a realizar tratamentos fitosanitarios nos períodos de voo do vector

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución na que se recolle unha ampliación dos concellos con presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide, establecendo a zona demarcada e adoptando medidas urxentes para a súa erradicación e control en Galicia. Esta actualización inclúe dous novos concellos onde se declaran parcelas infestadas na provincia de Ourense, A Arnoia e Ribadavia.  Ademais, a zona tampón amplíase na provincia ourensá a varias parroquias dos concellos de Castrelo de Miño, Melón, Cartelle e Ramirás.

A praga denominada flavescencia dourada da vide é provocada polo organismo denominado Grapevine flavescence dorée phytoplasma e transmitido por un insecto vector (Scaphoideus titanus). A nova zona demarcada está formada pola zona infestada -parcelas onde se confirma a súa presenza- e unha zona tampón arredor desta.

O 2 de febreiro de 2023 publicouse a resolución que declaraba a presenza de flavescencia dourada en Galicia, estableceu a zona demarcada e as medidas urxentes para a súa erradicación e control. O 17 de novembro de 2023 ampliáronse as zonas demarcadas e establecéronse novas medidas de erradicación e control. Durante as prospeccións realizadas ao longo do 2024 producíronse novas deteccións deste organismo nocivo, o que fai preciso ampliar a zona demarcada e manter as medidas xa establecidas.

As parcelas infestadas a día de hoxe atópanse nos concellos da Cañiza, Arbo, As Neves, Crecente, O Rosal, Oia e Tomiño, na provincia de Pontevedra; e nos concellos da Arnoia, Cortegada, Gomesende, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ribadavia, en Ourense. Ademais, a zona tampón tamén se estende a varias parroquias dos concellos de Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Tui, na provincia de Pontevedra; e varias parroquias de Castrelo de Miño, Melón, Cartelle e Ramirás, en Ourense.

Medidas obrigatorias nas zonas demarcadas

Dentro da zona infestada, os titulares das parcelas vitivinícolas nas que se detecte a presenza de plantas infestadas ou insectos vectores deberán aplicar o antes posible un tratamento insecticida autorizado a todas as plantas. As plantas infestadas e todas as sintomáticas das parcelas deberán ser arrincadas e destruídas baixo control oficial o antes posible. O máis recomendable é que esta destrución se realice in situ e, se non é posible, realizarase nun rodal próximo, por incineración ou por algún outro método autorizado.

Ademais, no caso de que a parcela afectada teña máis dun 20 % de plantas sintomáticas, estudarase a posibilidade de eliminar e destruír todas as plantas da parcela. Se a detección se realiza nunha parcela abandonada deberá arrincarse toda a parcela.

No relativo a viveiros e outros operadores profesionais dentro das zonas infestadas, en caso de detectar un positivo, este será eliminado e quedará inmobilizado de xeito cautelar o material de vide (Vitis spp.) ata a súa inspección. Na actualidade non hai ningún viveiro ou operador profesional afectado na zona demarcada.

Por outra banda, será obrigatorio en toda a zona demarcada que os titulares das parcelas vitícolas e os operadores profesionais realicen tratamentos insecticidas con produtos fitosanitarios autorizados nos períodos de voo do vector, que se produce habitualmente nos meses de verán, e que serán publicados na web da Consellería. Ademais, os titulares deberán vixiar a presencia de flavescencia dourada nas súas parcelas ou instalacións e comunicar ás autoridades competentes calquera sospeita ou confirmación da presenza da praga.

Así mesmo, tamén cómpre arrincar e destruír todas as plantacións abandonadas das zonas demarcadas, así como eliminar as plantas silvestres do xénero Vitis spp. e aquelas que poidan ser portadoras da enfermidade, entre outras medidas preventivas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 27/11/2024
680622 {"title":"A Xunta amplía as zonas demarcadas pola presenza da flavescencia dourada da vide","published_date":"2024-11-27","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/137494-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"680622"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-27/680622-xunta-amplia-as-zonas-demarcadas-pola-presenza-da-flavescencia-dourada-da-vide https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.