A Xunta actualizará a orde que regula a proba para a obtención do título de Bacharel para adultos co fin de adaptala ao actual marco normativo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Inicia o proceso para recoller achegas previas para a modificación desta regulación de acordo coa LOMLOE e os actuais currículos autonómicos

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024
A Xunta de Galicia está a traballar nunha nova orde para regular a proba para a obtención do título de Bacharel para persoas maiores de 20 anos en Galicia co obxectivo de adaptala á normativa vixente.
Con esta finalidade, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP inicia hoxe o proceso coa publicación no Portal de Transparencia do anuncio para recoller achegas previas para conformar o novo texto legal.
A normativa que rexe actualmente a proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos está baseada nunha lei educativa e nunha configuración curricular tamén derogada. De aí que se inicie esta tramitación co fin de adaptar a nova orde á vixente LOMLOE así como aos contidos dos novos currículos educativos autonómicos establecidos no decreto 157/2022.