O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta beneficia este curso a 107 centros da provincia de Lugo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita a biblioteca escolar do Centro de Educación Especial Infanta Elena
- A Consellería de Educación leva investidos 10.000 euros na renovación de mobiliario deste espazo educativo monfortino desde o curso 2022/2023
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Monforte de Lemos (Lugo), 26 de novembro de 2024
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Centro de Educación Especial CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos, un dos 107 centros educativos da provincia de Lugo que participan no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe). A través deste plan, a Xunta de Galicia apoia as bibliotecas escolares como espazos estratéxicos para mellorar a calidade do ensino e a atención á diversidade mediante ferramentas de aprendizaxe e recursos para material didáctico.
Neste curso 2024/2025 o Plambe incorpora catro novos centros na provincia, que recibirán formación específica e apoio técnico a través da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Ademais, os 103 centros que renovan a súa participación, entre os que se encontra o CEE Infanta Elena, contarán con axudas para ampliar os fondos bibliográficos, modernizar o mobiliario e equipamentos ou sufragar gastos de mantemento e xestión das súas bibliotecas. Do concello de Monforte de Lemos tamén están subscritos a este plan os centros CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, IES Francisco Daviña Rey, CEIP Plurilingüe A Gándara, IES Río Cabe, IES A Pinguela e a EOI de Monforte de Lemos.
O obxectivo principal deste programa é transformar as bibliotecas escolares en espazos dinámicos e innovadores, promovendo tanto a comprensión lectora como o hábito lector. A renovación dos recursos busca, ademais, fomentar a creatividade, ampliar as oportunidades de aprendizaxe e consolidar a biblioteca como un apoio esencial.
Mellora da atención a diversidade
O CEE Infanta Elena vén de renovar a súa biblioteca escolar con novo mobiliario a través deste plan, no que a Xunta leva destinado a este centro 10.000 euros desde a súa incorporación no curso 2022/2023. Ademais, este centro sumouse este curso ao programa Clubs de lectura co obxectivo de fomentar e consolidar os hábitos lectores e as competencias básicas do alumnado.
Neste sentido, a representante da Consellería de Educación puxo en valor o traballo que se realiza nesta biblioteca escolar a prol da mellora da atención á diversidade: "Accións como as que podemos ver hoxe nesta visita son moi enriquecedoras para o desenvolvemento do alumnado deste centro e para facer da lectura unha ferramenta fundamental da transformación educativa", sinalou. Durante a visita, ademais de coñecer as instalacións do centro, Judith Fernández participou nunha sesión de lectura fácil e na contada O chuvasqueiro de Aurora.
As bibliotecas escolares son un motor esencial do desenvolvemento académico e persoal do alumnado galego. Por iso, a Xunta de Galicia impulsa numerosas accións nestes espazos para seguir apoiando a transformación e renovación das bibliotecas, tanto no que atinxe a programas específicos como á dotación de equipamento. Entre as iniciativas destacan o Plambe, a Biblioteca Creativa, Lectura e Familias ou os Clubs de lectura, entre outras.
Os centros participantes pódense consultar na seguinte táboa:
Municipio | Centro |
Alfoz | IES Alfoz-Valadouro |
Alfoz | CEIP Plurilingüe do Castro de Ouro |
Antas de Ulla | CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla |
Baleira | CEIP Plurilingüe Concepción López Rey |
Baralla | CPI Luis Díaz Moreno |
Barreiros | CEIP de San Cosme |
Barreiros | CEIP San Miguel de Reinante Barreiros |
Becerreá | CEIP San Xoán |
Becerreá | IES de Becerreá |
Begonte | CEIP Virxe do Corpiño |
Bóveda | CEIP Rosalía de Castro |
Burela | IES Monte Castelo |
Burela | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme |
Burela | IES Perdouro |
Burela | CEIP Plurilingüe Vista Alegre |
Castro de Rei | CEIP Ramón Falcón |
Castro de Rei | CEIP Veleiro-Docampo |
Castro de Rei | IES da Terra Chá, José Trapero Pardo |
Castroverde | CPI Plurilingüe de Castroverde |
Cervantes | CPI de Cervantes |
Cervo | CEIP Península da Paz |
Cervo | IES Marqués de Sargadelos |
Cervo | CEIP de Cervo |
Chantada | CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla |
Chantada | IES Lama das Quendas |
Corgo, O | CEIP Plurilingüe do Corgo |
Cospeito | CEIP Plurilingüe de Muimenta |
Cospeito | CPI Plurilingüe Virxe do Monte |
Folgoso do Courel | CPI Poeta Uxío Novoneyra |
Fonsagrada, A | CEIP Plurilingüe Santa María |
Foz | CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 |
Foz | CEIP Fondo Nois |
Foz | IES de Foz |
Friol | CPI Dr. López Suárez |
Guitiriz | CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga |
Guitiriz | CEIP Plurilingüe Lagostelle |
Guitiriz | IES Poeta Díaz Castro |
Guntín | CPI Plurilingüe Tino Grandío |
Lugo | CEIP Sagrado Corazón |
Lugo | CEIP Rosalía de Castro |
Lugo | IES Ánxel Fole |
Lugo | CEIP Albeiros |
Lugo | CEIP Manuel Mallo Mallo |
Lugo | EOI de Lugo |
Lugo | CEIP Illa Verde |
Lugo | CEIP de Casás |
Lugo | IES Lucus Augusti |
Lugo | IES Leiras Pulpeiro |
Lugo | CEIP Menéndez Pelayo |
Lugo | IES Sanxillao |
Lugo | CEIP A Ponte |
Lugo | IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes |
Lugo | CEE Santa María |
Lugo | IES Muralla Romana* |
Meira | IES Pedregal de Irimia |
Meira | CEIP Plurilingüe Poeta Avelino Díaz |
Mondoñedo | CEIP Álvaro Cunqueiro Mora |
Mondoñedo | IES Plurilingüe San Rosendo |
Monforte de Lemos | CEE Infanta Elena |
Monforte de Lemos | CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos |
Monforte de Lemos | IES Francisco Daviña Rey |
Monforte de Lemos | CEIP Plurilingüe A Gándara |
Monforte de Lemos | IES Río Cabe |
Monforte de Lemos | IES A Pinguela |
Monforte de Lemos | EOI de Monforte de Lemos |
Monterroso | IES de Monterroso |
Navia de Suarna | CPI Plurilingüe Navia de Suarna |
Outeiro de Rei | CEIP Laverde Ruíz |
Palas de Rei | CEIP Plurilingüe de Palas de Rei |
Pantón | CEIP Plurilingüe Monte Baliño |
Paradela | CEIP Plurilingüe San Miguel* |
Pastoriza, A | CEIP O Salvador |
Pobra do Brollón, A | CEIP Plurilingüe da Pobra de Brollón |
Pol | CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro* |
Pontenova, A | CEIP Plurilingüe da Pontenova |
Pontenova, A | IES Enrique Muruais |
Quiroga | CEIP de Quiroga |
Quiroga | IES de Quiroga |
Rábade | IES Río Miño |
Rábade | CEIP Otero Pedrayo |
Ribadeo | CEIP Gregorio Sanz |
Ribadeo | EOI de Ribadeo |
Ribadeo | IES de Ribadeo Dionisio Gamallo |
Ribas de Sil | CEIP de San Clodio |
Sarria | IES Xograr Afonso Gómez de Sarria |
Sarria | IES Gregorio Fernández |
Sarria | CEIP Antonio Fernández López |
Sarria | EEI Xela Arias |
Saviñao, O | CPI Plurilingüe Dr. López Suárez |
Sober | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme |
Valadouro, O | CEIP Plurilingüe Santa María do Valadouro |
Vicedo, O | CEIP do Vicedo |
Vilalba | IES Santiago Basanta Silva |
Vilalba | IES Lois Peña Novo |
Vilalba | CEIP Terra Chá |
Vilalba | EEI de Vilalba |
Vilalba | CEIP Antonio Insua Bermúdez |
Vilalba | CEIP Monseivane* |
Viveiro | CEIP Plurilingüe de Covas |
Viveiro | CEP Luís Tobío |
Viveiro | EEI San Roque |
Viveiro | CEIP de Celeiro |
Viveiro | CEIP Plurilingüe Santa Rita |
Viveiro | IES Vilar Ponte |
Viveiro | IES María Sarmiento |
Xove | IES Illa de Sarón |
Xove | CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán |
*Centros de nova incorporación este curso