A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética nos vestiarios do campo de fútbol municipal e a renovación do alumeado público de Sobrado con case 100.000€

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou o Concello para coñecer as accións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local e do Fondo de Compensación Ambiental na liña non competitiva
  • Un total de 10 concellos da comarca de Betanzos recibiron achegas do Goberno galego ao abeiro destas dúas liñas dotadas con 5 millóns de euros  e 6 millóns de euros respectivamente
Imagen del artículo A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética nos vestiarios do campo de fútbol municipal e a renovación do alumeado público de Sobrado con case 100.000€
Sobrado (A Coruña), 26 de novembro de 2024

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe o campo de fútbol municipal de Sobrado para coñecer as actuacións de mellora da eficiencia enerxética realizadas co apoio da Xunta. O Goberno galego colaborou neste  proxecto cunha achega de case 60.000 euros no marco da liña do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a concellos cunha poboación inferior a 15.000 habitantes.

A actuación contemplou a mellora da eficiencia enerxética da edificación existente, actuando sobre a eficiencia das instalacións de xeración de auga quente sanitaria, xa que se trata do consumo máis importante desta instalación. Para mellorar a eficiencia enerxética deste edificio realizouse unha nova instalación baseada na enerxía xeotérmica, mediante a incorporación dunha bomba de calor de elevada eficiencia enerxética que aproveita a calor existente na terra mediante unha sonda. Con esta medida redúcese notablemente o consumo de enerxía primaria non renovable e as emisións de gases de efecto invernadoiro asociados á produción eléctrica convencional. Asociado a esta medida, o proxecto tamén contemplou un subcuadro eléctrico conectado ao principal para alimentar a esta instalación, co correspondente cabreado e canalizacións, así como unha nova porta para o local de instalacións onde se vai a situar a bomba de calor e os depósitos.

A actuación enmárcanse nesta liña dotada con 5 millóns de euros e destinada á mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais, con prioridade para as instalacións deportivas. Na comarca de Betanzos hai 6 concellos beneficiarios desta orde con achegas que suman 336.000 euros. Así, ademais de en Sobrado, a Xunta colabora tamén en proxectos similares con Oza-Cesuras, Abegondo, Miño, Mesía e Bergondo. Non conxunto da provincia coruñesa o número de beneficiarios ascende a 28, cun orzamento global superior a 1,5 millóns de euros.

Fondo de compensación Ambiental non competitiva

 A representante do Goberno autonómico supervisou tamén o resultado das obras de renovación do alumeado público na parroquia de Porta. Unha actuación que contou co apoio do Goberno galego dentro da orde de axudas do Fondo Compensación Ambiental liña non competitiva.Concretamente, Sobrado recibiu unha axuda de case 32.000 euros para levar a cabo a substitución de 12 luminarias do alumeado público de titularidade do Concello no lugar de Porta (casco urbano), saída cara Curtis, co fin de mellorar e incrementar a eficiencia enerxética.

A delegada da Xunta lembrou que este ano o Fondo de Compensación Ambiental suma na súa liña non competitiva un investimento de case  6 millóns de euros para apoiar accións en 109 concellos con parques eólicos no seu territorio. Segundo sinalou Belén do Campo, a través deste fondo, fináncianse servizos municipais dedicados á protección do medio e medidas destinadas a evitar a degradación ambiental, actuacións de eficiencia enerxética e enerxías renovables, a compra de vehículos con distintivo ambiental, a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais ou intervencións en núcleos para integrar a contorna natural e campañas divulgativas.

A delegada da Xunta lembrou que este ano o Fondo de Compensación Ambiental suma na súa liña non competitiva un investimento de case  6 millóns de euros para apoiar accións en 125 concellos con parques eólicos no seu territorio. Segundo sinalou Belén do Campo, a través deste fondo, fináncianse servizos municipais dedicados á protección do medio e medidas destinadas a evitar a degradación ambiental, actuacións de eficiencia enerxética e enerxías renovables, a compra de vehículos con distintivo ambiental, a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais ou intervencións en núcleos para integrar a contorna natural e campañas divulgativas.

Na comarca de Betanzos recibiron estes apoios, ademáis de Sobrado, os concellos de Aranga, Curtis, Irixoa e Vilasantar por un importe total de mais de 125.000 euros.

A delegada da Xunta incidiu na importancia da colaboración entre o Goberno galego e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza. Nesta liña, Belén do Campo sinalou que este apoio é fundamental sobre todo nos municipios máis pequenos para que poidan levar a cabo iniciativas que en solitario resultaríalles máis complicado ou non serían posibles.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/11/2024
665692 {"title":"A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética nos vestiarios do campo de fútbol municipal e a renovación do alumeado público de Sobrado con case 100.000€","published_date":"2024-11-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"665692"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-26/665692-xunta-impulsa-mellora-da-eficiencia-enerxetica-nos-vestiarios-do-campo-futbol-municipal-e-renovacion-do-alumeado-publico-sobrado-case-100-000 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.