A Xunta investirá 4,8 M€ na compra de material e equipos necesarios para o tratamento das feridas por sistemas de terapias de presión negativa
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Trátase da segunda contratación centralizada deste tipo de material, cun aforro previsto de case 400.000 euros para o período obxecto do contrato
- A terapia de presión negativa é un sistema non invasivo que favorece a cicatrización das feridas tanto de tipo agudo como crónicas
- Ao ser sistemas portátiles a maioría dos licitados, poden usarse tanto a nivel hospitalario como no ámbito da atención primaria
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024
O Executivo galego aprobou, na súa reunión semanal, a contratación da subministración sucesiva de diverso material e posta á disposición dos equipos necesarios para o tratamento das feridas por sistemas de terapia de presión negativa con destino ás áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde, por un importe de 4.871.420 euros para o período 2025-2028.
Trátase da segunda contratación centralizada deste tipo de material, que vai permitir dar resposta a situacións clínicas tales como peche de abdome aberto ou feridas de alta complexidade.
O contrato establece a posibilidade de prórroga por un máximo de 2 anos máis, ascendendo neste caso o valor estimado a 8.148.924,00 € (sen IVE).
A contratación centralizada suporá un aforro de 398.718 euros para o período obxecto do contrato (considerando as posibles prórrogas).
Sistema de cicatrización
A terapia de presión negativa é un sistema non invasivo que, mediante a aplicación da presión negativa localizada e controlada, favorece a cicatrización das feridas tanto de tipo agudo como crónicas.
Por outra parte, ao ser sistemas portátiles a maioría dos licitados, poden usarse tanto a nivel hospitalario como no ámbito da atención primaria.
O mecanismo de acción baséase en diminuír o exceso de exsudado, controlando a carga bacteriana e mellorando o fluxo sanguíneo e linfático.
En definitiva, créase unha contorna estéril, húmida e pechada, condicións ideais para a formación de tecido de granulación, favorecendo así a súa cicatrización.
Estes dispositivos de terapia de presión negativa están compostos por bomba de succión, tubo de drenaxe, apósitos e filme adhesivo para levar a cabo o selado.