Anxo M. Lorenzo salienta a contribución ao prestixio e á produción poética en galego dos premios Afundación, cos que colabora a Xunta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Destaca o bo momento da poesía en Galicia, que se reflicte no Premio Nacional 2024 a Chus Pato, tras os recentes outorgados a Yolanda Castaño, Olga Novo ou Pilar Pallarés

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou hoxe "a contribución ao prestixio e á produción poética en galego" que representan os Premios de Poesía Afundación, promovidos desde hai máis de vinte anos por esta institución, pola Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. Fíxoo durante a entrega do galardón da última edición a Miguel Rodríguez Monteavaro, quen gañou co poemario Cortar pescado en Manila, cuxa publicación tamén se presentou neste acto.

Este poemario, que á XXII edición do Premio Poesía Afundación se presentou baixo o lema Penácaros, resultou gañador entre un total de 32 obras inéditas. Ao respecto, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude felicitou o gañador por pasar a formar parte "dun selecto grupo" integrados por importantes nomes da poesía galega contemporánea, entre os que apuntou a Rafa Vilar, galardoado na pasada edición, María do Cebreiro, Gonzalo Hermo ou Estíbalez Espinosa.

Precisamente, o director xeral de Cultura salientou a "excelsa calidade" da produción poética en Galicia, "un bo momento que se reflicte nos numerosos premios e recoñecementos, tamén fóra da nosa comunidade". Neste senso, referiuse ao recente Premio Nacional de Poesía que este ano recaeu en Chus Pato, "sumándose a un galardón que tamén teñen recibido Yolanda Castaño, Olga Novo ou Pilar Pallarés".

Miguel Rodríguez Monteavaro (Asturias, 1990) é un filólogo, escritor e músico asturiano, profesor da Universidade de Oviedo e conta con multitude de galardóns como o Premio Asturias Joven de Poesía en 2019 pola súa obra Superpoderes. Ademais é integrante de formacións como Caldo & Os Rabizos, Mezá ou Urso Dakoff, entre outras.

Máis de 20 anos de premios

O Premio Poesía Afundación comezou o seu percorrido no ano 2002. Neste tempo resultaron gañadores as e os poetas galegos Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero, Ledicia Costas e Rafa Vilar, gañador da anterior convocatoria.

O galardón implica a publicación do libro na colección Arte de trobar, presentado hoxe, e unha dotación económica de 6000 euros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/11/2024
656046 {"title":"Anxo M. Lorenzo salienta a contribución ao prestixio e á produción poética en galego dos premios Afundación, cos que colabora a Xunta","published_date":"2024-11-25","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/136953-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"656046"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-25/656046-anxo-m-lorenzo-salienta-contribucion-ao-prestixio-e-producion-poetica-galego-dos-premios-afundacion-cos-colabora-xunta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.