Anxo M. Lorenzo pon en valor a promoción da música contemporánea en Galicia co ciclo 'Do Audible 24'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude coa colaboración de Vertixe Sonora, comeza co mexicano Ernesto Martínez
- O representante do Goberno galego destaca a conexión entre disciplinas afastadas como a ciencia, a tecnoloxía, a arte ou o pensamento
- A programación, de balde, ofrecerá no Museo de Belas Artes da Coruña o 1 de decembro a actuación de 'Canto Ostinato'
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 24 de novembro de 2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe no Museo do Mar á apertura do ciclo de concertos Do Audible 24 onde puxo en valor a promoción da música contemporánea en Galicia. Trátase dunha iniciativa que promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coa colaboración de Vertixe Sonora, que abriu esta nova edición coa estrea da obra de Ernesto Martínez, Acceso múltiple por división de tempo.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor esta iniciativa que suma dous concertos e unha serie de obradoiros relacionados co minimalismo como estética musical actual. Neste senso, incidiu no impulso á escoita de música contemporánea en Galicia e no obxectivo deste evento de buscar a conexión entre disciplinas afastadas como a ciencia, a tecnoloxía, a arte ou pensamento.
Esta cita, xa consolidada, completa a ampla e diversa programación cultural galega que, tal e como sinalou Anxo M. Lorenzo, "amosa o bo momento que está a vivir". Ademais, reflicte o compromiso do Goberno autonómico por seguir ofrecendo plans para todos os públicos e en todo o territorio.
Esta nova edición do ciclo Do Audible abriuse coa actuación do artista mexicano, Ernesto Martínez, que tamén contou coa intervención de José Edelstein, profesor de Física Teórica da USC e investigador no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Así, a programación, de balde, complétase cun segundo concerto que terá lugar no Museo de Belas Artes da Coruña, o vindeiro 1 de decembro ás 12,30 horas, no que se presentará Canto Ostinato para catro teclados, a peza máis coñecida de Simeon Ten Holt, convertida en toda unha icona da música minimalista. Ao abeiro destas actuacións haberá una serie de charlas e obradoiros.