Villares visita a exposición 'Queremos ser libres' con motivo da celebración do Día internacional contra a violencia de xénero
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Cervo (Lugo), 24 de novembro de 2024
A Casa da Cultura de San Cibrao acolleu a inauguración da exposición e a celebración de obradoiros de fotografía da man da escola de fotografía documental para nenas e nenos de Diana Fajardo. O obxectivo é concienciar e proporcionar os recursos que poidan axudar a ter unha perspectiva igualitaria mediante unha metodoloxía experimental. Así, ademais da exposición de 20 fotografías realizadas no 2019 durante un obradoiro con nenos e nenas e luz negra e coa sobre a temática da violencia de xénero, está prevista a celebración de dous novos obradoiros, un dirixido a menores de entre 9 a 16 anos e outro para maiores de 16 anos.
Alí estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que puxo en valor a importancia de realizar accións desde todos os ámbitos da sociedade que permita concienciar ao conxunto da cidadanía na necesidade de avanzar cara a igualdade entre homes e mulleres así como de loitar contra as violencias machistas que aínda persisten na actualidade. Nesta liña, louvou a celebración deste tipo de iniciativas que permiten afondar no labor en favor da non discriminación e dos dereitos das mulleres dun xeito artístico e cun foco especial cara as novas xeracións, algo imprescindible para construír un futuro sen violencia contra as mulleres.