López Campos anuncia que a Xunta iniciará este luns os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O representante de Cultura da Xunta salienta que Galicia salda unha débeda cunha das manifestacións "máis senlleiras e significativas" do noso patrimonio cultural
  • Pon en valor o "papel esencial" das agrupacións e formacións en ter mantido "vivo e prestixiado" este legado dos nosos devanceiros ata a actualidade
  • Esta protección incluirá unha ampla relación de medidas de salvagarda para preservar axeitadamente esta herdanza cultural ás xeracións futuras
  • Coa declaración BIC buscarase a creación dun arquivo audiovisual público en rede e introducir no ensino formal materiais didácticos que fomenten o seu coñecemento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ribadavia (Ourense), 23 de novembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a Xunta iniciará este luns, día 25, a incoación do expediente para a declaración de Ben de Interese Cultural da música e o baile tradicionais galegos, "co que pasará a contar coa máxima protección, acorde coa súa relevancia no noso patrimonio inmaterial".

Así o adiantou o representante de Cultura do Goberno galego nun encontro mantido coa diferentes agrupacións deste ámbito no Museo Etnolóxico de Ribadavia para anunciarlles a posta en marcha deste procedemento por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel  Pardo, do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e da directora xeral de Patrimonio, Mª del Carmen Martínez.

"Galicia non se entende sen a súa música e os seus bailes tradicionais", aseverou o conselleiro, quen erixiu estas manifestacións culturais como "unha das máis senlleiras e significativas do noso rico patrimonio inmaterial".  Neste senso, incluíunas na "cerna da identidade da Comunidade" e salientou que se trata dun "legado dos nosos devanceiros e que, agora, temos a obriga de conservalo, protexelo e legarllo ás xeracións futuras", defendeu.

Por estes motivos, López Campos considerou que o Goberno galego "salda unha débeda" con esta declaración de Ben de Interese Cultura, cuxo inicio dos trámites publicarase no Diario Oficial de Galicia o luns e que cuxo procedemento "deberá resolverse nun máximo de 24 meses", precisou.

Importante papel das agrupacións de música e baile de raíz

Neste encontro con agrupacións e formacións de música e bailes tradicionais, o conselleiro quixo agradecerlles o seu "papel esencial" en ter mantido "vivo e prestixiado" este "importante, rico e diverso patrimonio" ao longo de todos estes anos. Por estes motivos, recoñeceulles que teñen levando a cabo un "labor imprescindible, entregado e xeneroso".

"Detrás desta futura declaración de Ben de Interese Cultural está tamén o voso inquebrantable compromiso con este legado", aseverou o máximo responsable de Cultura da Xunta quen, en todo caso, asegurou que tanto o Goberno galego como a cidadanía "son conscientes que a importancia social da cultural da música e o baile está ligada ás asociacións folclóricas e ás representacións escénicas de recreación que realizan".

Medidas de salvagarda

Nesta incoación está prevista incluír medidas de salvagarda para garantir que as vindeiras xeracións manteñan axeitadamente a herdanza cultural e o senlleiro legado patrimonial inmaterial contido na música e o baile tradicionais de Galicia, á vez que para posibilitar a correcta transmisión desta manifestación cultural.

Segundo se recollerá no BIC, estas medidas de protección terán tres grandes focos de actuación. O primeiro deles estará vencellado coa investigación; o segundo punto incidirá na  transmisión, ensino e sensibilización; e o terceiro grupo de accións estará encamiñado á protección, conservación, mantemento e revitalización.

Arquivo audiovisual público na rede e ensino formal

Deste xeito, propiciarase que o sistema universitario galego contribúa o fomento activo da investigación científica e académica sobre o baile e a música tradicional galegas. Ademais, tamén se posibilitará que os organismos e as administracións públicas asinen convenios con fundacións, asociacións ou padroados de titularidade privada de cara ao inventario, catalogación, e dixitalización de arquivos sobre material de música e bailes tradicionais. O obxectivo é a creación dun arquivo audiovisual público na rede, gratuíto e de libre acceso que conteña este material.

Ademais, solicitarase a colaboración do colectivo de docentes de Galicia para a elaboración de materiais didácticos no ensino formal de cara á adquisición de coñecementos básicos de baile e música tradicionais de Galicia.  En canto ao ámbito do ensino non formal, solicitarase a colaboración das ANPAS e outros colectivos de cara á implantación de actividades extraescolares con estas materias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/11/2024
627161 {"title":"López Campos anuncia que a Xunta iniciará este luns os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a música e o baile tradicionais","published_date":"2024-11-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/136443-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"627161"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-23/627161-lopez-campos-anuncia-xunta-iniciara-luns-os-tramites-declarar-ben-interese-cultural-musica-e-baile-tradicionais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.