O Centro Superior de Hostalería de Galicia reforza a súa relación con Marriot, a principal cadea hoteleira no mundo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá un encontro cunha vintena de directivos do norte de España da cadea hoteleira Marriot, no marco dos actos conmemorativos do 30 aniversario do Centro Superior de Hostalería de Galicia. A delegación hoteleira fixo unha visita ás instalacións guiada polo director do centro, José Paz.
A relación entre a cadea hoteleira e o CSHG é histórica coa presenza de alumnos do centro que realizan cada ano prácticas nos distintos establecementos da cadea. Os directivos de Marriot interesáronse pola impartición do grao de Xestión de empresas hostaleiras especializado en Dirección hoteleira. Neste sentido, eloxiaron a calidade das ensinanzas impartidas e subliñaron a capacitación que adquiren os alumnos para asumir o período de prácticas e posteriormente, incorporarse ao mercado de traballo. Marriot é a principal cadea hoteleira con máis de 6.500 hoteis en todo o mundo con presenza en 120 países.