A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de mellora de 62 paradas de autobús ao seu paso por 10 concellos nas rutas de acceso a Santiago
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A intervención suporá un investimento de máis de 1M€ e levarase a cabo nas paradas situadas en 3 vías da rede de estradas da Xunta ao paso polos concellos de Noia, Boiro, Carnota, Dodro, Muros, Outes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e A Pobra do Caramiñal
- Melloraranse os apartadoiros para autobuses e as cuñas de entrada e saída, e acondicionaranse os itinerarios peonís na zona das paradas
- Colocaranse refuxios de tipo rural e urbano e efectuaranse melloras do pavimento nas contornas das paradas
- A Xunta prevé convocar o levantamento de actas previas no primeiro trimestre de 2025, para poder licitar as obras ao longo do 2025

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o acordo de aprobación do proxecto de mellora de accesibilidade e conectividade de 62 paradas de autobús situadas en tres estradas autonómicas, nas rutas de acceso polo suroeste á cidade de Santiago, que suporán un investimento de máis de 1 M€.
Trátase de intervir nas estradas AC-543, AC-550 e AC-305, ao seu paso polos municipios de Noia, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Carnota, Dodro, Muros, Outes, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.
A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Consello da Xunta o pasado día 11 de novembro, leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos 29 predios necesarios para executar esta intervención. A superficie de expropiación definitiva é de 360,32 m2.
Unha vez autorizada hoxe este proxecto, a Xunta convocará o levantamento de actas previas no primeiro trimestre de 2025, para poder licitar as obras ao longo do 2025, con cofinanciamento de fondos europeos FEDER 21/27.
Intervencións
En concreto actuarase na mellorarase da accesibilidade no municipio de Noia, en 6 paradas, na Pobra do Caramiñal en 3; en Boiro, en 6; en Carnota, en 5; en Dodro, en 2; en Muros, en 11; en Outes, en 4; en Porto do Son, en 11; en Rianxo, en 3; e en Ribeira, en 11.
As actuacións consisten, entre outras, na mellora dos apartadoiros para os autobuses e as súas cuñas de entrada e saída, así como no acondicionamento dos itinerarios peonís na contorna das paradas.
O proxecto abrangue a colocación de refuxios deseñados pola Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, maioritariamente de tipo urbano, agás casos puntuais que serán de tipo rural, en función do lugar onde se encontre a parada, mellorando o equipamento, con postes, bancos ou apoio isquiático.
Como obras complementarias adecuarase a drenaxe ao trazado actual, instalarase unha canalización para servizos a todo o largo da actuación, executaranse muros de colleira, dispoñeranse varandas metálicas.
Con estas melloras preténdese fomentar o uso do transporte público, diminuíndo os movementos de corto e medio percorrido en transporte privado, con orixe e/ou destino nas cidades de maior poboación.
O Goberno galego segue a avanzar nestes proxectos no marco do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, co que a Xunta ten previsto investir arredor de 35 M€ para a mellora de máis de 1.100 paradas en toda Galicia.