Gómez Caamaño salienta a aposta da Xunta por achegar á poboación galega os tratamentos máis avanzados contra o cancro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O titular da Sanidade pon en valor que Galicia conte xa co seu propio Centro de produción de terapias CAR-T e será a primeira autonomía en incorporar un centro de protonterapia á sanidade pública
- Destaca o importante programa de cribados implantado na sanidade pública galega, onde se desenvolven, ademais, proxectos piloto para a detección precoz do cancro de pulmón e de próstata
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 20 de novembro de 2024
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, interveu esta tarde en Madrid nos actos conmemorativos do 'Paciente mil' da Unidade de Protonterapia da Center Clínica da Universidade de Navarra.
Durante o evento, o responsable da carteira sanitaria da Xunta destacou o conxunto de iniciativas que o Executivo galego está a desenvolver para achegar os tratamentos máis vangardistas na loita contra o cancro, ao conxunto da poboación galega.
Neste sentido, salientou a recente posta en marcha do Centro galego de produción de terapias avanzadas (CAR-T), así como os máis de 22 millóns de euros que a Xunta destina á construción do novo Centro de Protonterapia de Galicia, do que se agarda que atenda aos seus primeiros pacientes en 2026. Así, sinalou que a nosa comunidade será a primeira en incorporar un centro de protonterapia á sanidade pública.
Así mesmo, Gómez Caamaño remarcou a importancia da detección precoz de novos casos de cancro, poñendo en valor a consolidación do Programa galego de cribados poboacionais, e os proxectos piloto que se están a desenvolver nas áreas sanitarias da Coruña-Cee e na área sanitaria de Ferrol, co obxectivo de mellorar os diagnósticos do cancro de pulmón e do cancro de próstata, respectivamente.