Villares destaca os 100 anos da confraría de pescadores de Celeiro en prol do patrimonio cultural pesqueiro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Consellería do Mar colaborou no desenvolvemento da mostra e do reloxo de mareas, a través das axudas concedidas ao GALP A Mariña-Ortegal
  • No marco deste fondo europeo, o pósito de Viveiro recibirá máis de 1,1M€; un investimento que se suma ao previsto por Portos de Galicia para a modernización e mellora de equipamentos e da infraestrutura portuaria

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Viveiro (Lugo), 20 de outubro de 2024

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro puxo hoxe fin aos actos de conmemoración do seu cen aniversario, e fíxoo coa apertura dunha exposición na que se divulgan os fitos da súa historia e coa inauguración dun mareógrafo, elaborado con pezas da fábrica de cerámica galega Sargadelos.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que participou na inauguración de ambas as dúas iniciativas, destacou o labor continuado do pósito en prol do patrimonio cultural pesqueiro. Así, a mostra, situada na sede da entidade mariñá, inclúe maquetas de barcos emblemáticos do porto, testemuños en papeis e vídeos, fotografías, unha colección de pinturas dos patróns maiores e elementos únicos como a acta de constitución, a medalla de ouro centenaria ou maquinaria antiga.

A esta actuación, súmase a instalación dun reloxo de mareas completamente funcional. O dispositivo mide e rexistra as variacións do nivel do mar, seguindo o ciclo lunar e calculando a altura das mareas en función da posición da lúa e o sol. Situada na Praza do Náufrago, trátase dunha peza da cal só se pode atopar outra de características similares no municipio de Portugalete, no País Vasco. Ten cinco metros de altura e está dotado de dúas esferas (reloxo e mareógrafo), ademais dun termómetro e dun barómetro, o que fai que sexa un instrumento exclusivo e especial.

A Consellería do Mar colaborou no desenvolvemento da mostra e deste mareógrafo, a través das axudas concedidas ao Grupo de Acción Local de Pesca (GALP) A Mariña-Ortegal, ao abeiro do  Fondo Europeo e Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

A Xunta con Viveiro

A Confraría Santiago Apóstolo de Celeiro recibirá do Goberno galego axudas por valor de máis de 1,1 millóns de euros. Estas achegas están destinadas á modernización e mellora dos equipamentos e da infraestrutura portuaria. É o caso do acondicionamento da nave de preparación e envasado dos produtos pesqueiros frescos, e que servirá para afianzar, valorizar e revalorizar os produtos da zona.

Asemade, pero dentro da acción de Portos de Galicia, que depende do departamento que dirixe Alfonso Villares, a ampliación do dique de abrigo que suporá unha investimento plurianual de 1M€ , a pavimentación da explanada do porto deportivo na que se destinaron 125 mil euros e a dotación de luminarias LED por valor de 120 mil euros completan os investimentos previstos pola Consellería neste municipio.

A prioridade desta colaboración é o fomento da pesca sostible, así como a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos e acuáticos.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 20/11/2024
623647 {"title":"Villares destaca os 100 anos da confraría de pescadores de Celeiro en prol do patrimonio cultural pesqueiro","published_date":"2024-11-20","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/135501-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"623647"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-20/623647-villares-destaca-os-100-anos-da-confraria-pescadores-celeiro-prol-do-patrimonio-cultural-pesqueiro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.