Manuel Pardo supervisa as últimas actuacións desenvolvidas no IES Universidade Laboral de Ourense por un importe de máis de 100.000 euros

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial explicou que se cambiaron as luminarias do Pavillón de Deportes, instaláronse estores na fachada suroeste do mesmo e desenvolvéronse distintas melloras na entrada do polideportivo e na Escola de Arte, e adecuouse a entrada do aparcadoiro do profesorado e dos alumnos
  • Manuel Pardo significou que ao longo deste ano a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense 128 actuacións, pequenas obras, cun investimento de 2.848.163€
  • O representante do Goberno galego tamén destacou que están en proceso de execución 6 grandes obras (renovación da cuberta do CEIP Castrelo de Miño; renovación das carpinterías do IES Celanova; substitución dos cadros eléctricos do IES 12 Outubro, e ampliación do CIFP Vilamarín, do IES Blanco Amor e do IES Chamoso Lamas) que suman máis de 5,4M€

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 18 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao Instituto IES Universidade Laboral para supervisar o remate das últimas actuacións que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional levou a cabo por un importe de máis de 100.000 euros para cambiar as luminarias do Pavillón de Deportes, instalar estores na fachada suroeste do mesmo e desenvolver distintas melloras na entrada do polideportivo e na Escola de Arte ou adecuar a entrada do aparcadoiro do profesorado e dos alumnos.

O delegado territorial lembrou tamén as actuacións desenvolvidas no pasado curso neste centro educativo de máis de 454.000 euros na renovación das carpinterías do pavillón deportivo, así como dos acabados dos vestiarios, tanto de cuberta como chans e divisións, na que tratou de manter e recuperar as condicións do edificio orixinal, dado que o edificio pertence a un conxunto catalogado.

Coa actuación -precisou o delegado territorial- pretendeuse mellorar a eficiencia enerxética da edificación, coa substitución da carpintería exterior por outra de similares características e a instalación dun novo grupo térmico. Tamén se cambiaron as cubertas dos vestiarios recuperando os acabados iniciais, de cuberta plana con claraboias e acometeuse a reforma interior dos vestiarios que consistiu na substitución de acabados e instalacións, dotando ao edificio de aseos adaptados para o profesorado e para o alumnado.

Despois de percorrer as instalacións, Manuel Pardo significou que ao longo deste ano a Xunta está a desenvolver na provincia de Ourense 128 actuacións, pequenas obras, cun investimento de 2.848.163€, e están en proceso de execución 6 grandes obras (renovación da cuberta do CEIP Castrelo de Miño; renovación das carpinterías do IES Celanova; substitución dos cadros eléctricos do  IES 12 Outubro, e ampliación do CIFP Vilamarín, o IES Blanco Amor e o IES Chamoso Lamas) que suman máis de 5,4M€; un total de máis de 8M€; "o que fala ás claras do compromiso do Goberno galego coa modernización do sistema educativo, a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, iniciado en 2021, e que o Presidente Rueda anunciou a súa prórroga tres anos máis, cun investimento inicial de 210M€".

Tamén destacou o delegado territorial que o curso escolar 2024-2025 será o primeiro no que Galicia implante a "absoluta gratuidade" no ensino público "desde os inicios ata a universidade"; e subliñou outras novidades para este novo curso como o incremento récord do profesorado, a redución dos rateos nun 20%, a mellora da atención á diversidade ou o Plan MEGA, orientado a fomentar o éxito escolar do alumnado con medidas como a atención ás necesidades educativas especiais.

O Plan de nova arquitectura pedagóxica inclúe case 2.700 actuacións en toda Galicia para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico. Neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98 % delas, por un importe de máis de 229M€. O 2 % restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/11/2024
620676 {"title":"Manuel Pardo supervisa as últimas actuacións desenvolvidas no IES Universidade Laboral de Ourense por un importe de máis de 100.000 euros","published_date":"2024-11-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/134061-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"620676"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-18/620676-manuel-pardo-supervisa-as-ultimas-actuacions-desenvolvidas-ies-universidade-laboral-ourense-importe-mais-100-000-euros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.