O Servizo Galego de Saúde aforra máis de 52,5 M€ grazas á centralización de compras de material sanitario para os centros das sete áreas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Xunta investiu máis de 412 M€ nestas compras desde 2020, que permitiron reducir "o gasto nun 17% de media", segundo explicou o presidente
  • Nos últimos catro anos adxudicáronse 26 novas contratacións de forma centralizada
  • Coa centralización da compra de implantes de xeonllo o Servizo Galego de Saúde aforra máis de 14 M€ nun contrato que ascende a 21,9 M€
  • Rueda salienta que o obxectivo da Xunta é "optimizar ao máximo os orzamentos" en materia sanitaria

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Servizo Galego de Saúde "aforrou máis de 52,5 millóns de euros desde 2020" grazas a "centralización de compras de material para as sete áreas sanitarias". O obxetivo, segundo salientou, "é facer un uso axeitado dos fondos e optimizar ao máximo os orzamentos" en materia sanitaria.

O Goberno autonómico investou máis de 412 millóns de euros en compras conxuntas durante ese periódo, obtendo un aforro de 52.518.275 euros en compras de material funxible e implantes para os distintos centros da sanidade pública, o que permitiu "reducir o gasto en máis dun 17% de media".

En total foron adxudicados 41 expedientes, dos cales 26 foron contratos centralizados por primeira vez na busca de conseguir minorar o impacto da suba progresiva de prezos, tanto de materiais como de combustibles.

A calidade técnica do material adxudicado asegúrase xa que, como norma xeral, se establece que a valoración dos criterios técnicos supoña, como mínimo un 50%. Esta puntuación de corte garante unha correcta relación calidade-prezo e impide que posibles licitadores cunha calidade mínima de produto poidan resultar adxudicatarios cunha oferta económica agresiva. 

Entre os máis destacados, o acordo marco para a compra de implantes de xeonllo, centralizado por primeira vez, supuxo un aforro dos prezos medios de 14.120.532 euros nun contrato que ascende a 21.968.100 euros.

Do mesmo xeito, grazas a comprar de forma centralizada e non por áreas sanitarias, o contrato para adquirir bombas de insulina e sensores permite aforrar 3.708.278 euros nunha compra por valor de 85.551.698 euros.

En porcentaxe, o maior aforro, cun 67,33 % menos dos prezos medios, logrouse na contratación centralizada de tests de estreptococo. A compra final supuxo 144.187 euros e foi posible aforrar 184.755 euros.

Previsión de aforro de 9,2 M€ máis

Rueda indicou que actualmente, o Servizo Galego de Saúde ten en licitación "11 expedientes" nos cales xa se incorpora un aforro de 9.206.111 euros, o que supón o 1,52%. Na adxudicación final preténdese acadar un aforro potencial dun 12%, xa que se esperan baixadas nas ofertas das empresas licitadoras dunha media do 10%.

Entre as compras centralizadas en fase de licitación encóntranse os sistemas de implantes de columna. Cun importe de licitación de 33,1 millóns de euros, a súa centralización por primeira vez xa supón un aforro de 5,6 millóns.

O plan de compras da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde para o que resta de ano prevé publicar 10 contratos centralizados máis, entre eles, implantes para o tratamento da dor, material de cateterismo, dispositivos para a preservación de órganos en proceso de transplante e filtros, liñas, líquidos e concentrados de diálise. 

 

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/11/2024
620627 {"title":"O Servizo Galego de Saúde aforra máis de 52,5 M€ grazas á centralización de compras de material sanitario para os centros das sete áreas","published_date":"2024-11-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/133986-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"620627"} galicia A Presidencia da Xunta; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-18/620627-servizo-galego-saude-aforra-mais-52-5-m-grazas-centralizacion-compras-material-sanitario-os-centros-das-sete-areas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.