Román Rodríguez gaba o labor do Centro Lalín, Agolada e Silleda en Bos Aires na salvagarda da galeguidade e dos valores da comarca do Deza
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Educación pecha neste centro a súa viaxe institucional a Arxentina
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Bos Aires (Arxentina), 16 de novembro de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, gabou o labor do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires na salvagarda da galeguidade e dos valores tradicionais da comarca do Deza. No marco da súa visita institucional a Arxentina, o representante da Xunta de Galicia visitou o centro para saudar aos seus socios e apoiar a actividade desta entidade, "que acolle unha parte fundamental da Galicia no exterior", afirmou.
"Os máis de 1.000 socios desta entidade son un exemplo de que os galegos e os dezáns o son alí onde estean, de que os nosos valores como pobo son tan fortes que perduran no tempo e na distancia", declarou o conselleiro. Puxo en valor, así mesmo, o importante papel que xogan estes espazos como axentes difusores da nosa cultura, lingua e tradición galega, ademais de como lugar de encontro e confraternidade entre os membros.
O conselleiro de Educación pecha a súa visita institucional a Arxentina con esta visita. No transcurso da mesma estreitáronse as relacións co sistema universitario arxentino e asináronse acordos marco de colaboración para impartir titulacións conxuntas de grao, mestrado e doutorado coas universidades galegas, así como para o intercambio de persoal, entre outras accións.