A Xunta remata en Valga as obras para reducir o risco de inundación entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril cun investimento de máis de 380.000 euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, buscan incrementar a capacidade hidráulica da canle fluvial do río Louro e minimizar a posibilidade de que se produzan asolagamentos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2024
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, concluíu recentemente as obras para reducir o risco de inundacións entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril, no concello pontevedrés de Valga, cun investimento de máis de 380.000 euros.
As actuacións -cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020- tiveron como finalidade tratar de minimizar o risco de que se produzan asolagamentos na zona, que está identificada como área de risco potencial significativo de inundación (Arpsi) dos ríos Ulla e Sar.
Os traballos afectaron ao río Louro no tramo comprendido entre a estrutura baixo a estrada PO-548 e a obra de fábrica baixo a liña de ferrocarril Vilagarcía de Arousa-Bifurcación Angueira, que presenta problemas de inundacións xeradas fundamentalmente pola insuficiente capacidade de drenaxe baixo a liña de ferrocarril.
As inundacións afectaban a varios inmobles da zona, así como a parte do polígono industrial de Valga. De feito, a proximidade de edificacións e áreas de cultivo reducía a capacidade de expansión do río e deixáballe pouco espazo para desenvolverse.
As obras permitiron incrementar a capacidade hidráulica da canle fluvial do río Louro mediante unha canalización aberta de aproximadamente 800 metros que permitiu mellorar as condicións de protección fronte a posibles inundacións.