Villares destaca que Galicia traballa da man do sector da pesca para defender os seus intereses e garantir a soberanía alimentaria
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Confirma que o reto do Goberno autonómico seguirá a ser que a Comisión Europea cree as condicións necesarias para que a actividade marítimo-pesqueira sexa sostible e competitiva
- Este sector representa o 4,8% do PIB e o 5,5% do VAB. Ocupa o cuarto lugar en exportacións e é o máis importante de Europa con 40.000 empregos directos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2024
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca que Galicia está a traballar da man do sector marítimo-pesqueiro para defender os seus intereses en prol dunha soberanía alimentaria que radique no equilibrio entre as capacidades de pesca existentes e os recursos pesqueiros dispoñibles, garantindo a conservación dos recursos e o futuro das familias que viven desta actividade. Así o trasladou no transcurso da xornada de peche do Programa de Desenvolvemento Directivo para Empresas Alimentarias e posterior acto de entrega de diplomas, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).
O responsable autonómico confirma que o reto do Goberno galego seguirá a ser que a Comisión Europea cree as condicións necesarias para que a actividade da pesca sexa sostible ambientalmente a longo prazo e xestionada de maneira coherente cos obxectivos económicos, sociais e de emprego. En definitiva, impulsando un programa centrado na dotación das competencias necesarias para garantir a competitividade das empresas galegas.
Neste senso, puxo en valor que a estrutura económica galega depende de forma significativa do sector pesqueiro, configurándose como estratéxico, polo seu peso económico e a súa dimensión social. Os datos así o reflicten. A súa achega ao Produto Interior Bruto é do 4,8%, especialmente relevante no litoral, onde a actividade económica depende do mar. Asemade, o Valor Agregado Bruto é do 5,5%, representando unha porcentaxe 25 veces superior ao da pesca da UE e máis de 6 veces ao de España. En definitiva, é a actividade con maior índice de produtividade por traballador. É o cuarto sector en exportacións de Galicia e o máis importante de Europa con 40.000 empregos directos.
Apoio da Consellería
Para o desenvolvemento desta iniciativa, que forma parte do seu Plan de Formación 2024, Clusaga contou coa colaboración da Universidade Intercontinental da Empresa e da Consellería do Mar.
O Clúster Alimentario de Galicia foi creado en 2010 e opera na estrutura organizada do sector alimentario galego, integrando ás empresas e ás entidades de investigación e innovación, ademais doutras organizacións. O seu liderado baséase en transformar visións e plans de accións, creando solucións prácticas e aproveitando as oportunidades para abordar o reto de mellora a posición competitiva dos seus asociados, co conseguinte incremento de rendibilidade de forma sustentable. Na actualidade, conta con 150 socios.