Rueda anuncia que o novo centro de Aspanaex en Vigo contará con 35 prazas concertadas a partir dos primeiros meses de 2025
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Apunta que esta nova infraestrutura vai supoñer "un antes e un despois" na cidade e toda a súa zona
- Salienta o traballo das asociacións que traballan pola discapacidade en Galicia, que desenvolven "funcións insubstituíbles"
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 14 de novembro de 2024
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o novo centro de Aspanaex en Vigo, a cuxa inauguración asistiu hoxe, contará con 35 prazas concertadas a partir dos primeiros meses de 2025.
Rueda, que salientou o traballo de Aspanaex e de todas as asociacións que traballan pola discapacidade en Galicia, fixo fincapé en que estas desenvolven "funcións insubstituíbles". Tal e como subliñou o responsable do Executivo autonómico, son "miles de persoas as que dedicades o voso tempo a cambio de nada" para lograr obxectivos que, se se abordasen só desde a Administración, "o resultado desde logo non sería nin moito menos tan bo".
O centro, que segundo Rueda vai supoñer "un antes e un despois" na cidade de Vigo e toda a súa zona, prestará servizos de residencia e centro de día e contará cun total de 100 novas prazas. A Xunta achegou 2 M€ para financiar as obras, unha cifra que supón case o 50% do total e que provén dunha orde financiada con fondos europeos e que xa beneficiou a 10 entidades sociais galegas.
Orzamentos sociais
Rueda salientou que os orzamentos da Xunta para 2025 "son máis sociais que nunca", apuntando que "somos conscientes de que hai moitas necesidades, e de que temos que seguir facendo todo o posible". Así, nos presupostos para 2025 presentados pola Xunta 3 de cada 4 euros están destinados a gasto social. Concretamente no ámbito da discapacidade, 176 M€ irán destinados a blindar este servizo, un 2% máis que o ano anterior, e tamén cómpre destacar o incremento dun 20% do apoio ás entidades sociais para o desenvolvemento de servizos e programas.