Belén do Campo e Marisol Díaz analizaron as distintas liñas de acción de patrimonio natural na provincia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Analizaron a situación actual do danos producidos polo xabaril e o lobo na provincia da Coruña
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 12 de novembro de 2024
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, mantiveron, esta mañá, un encontro de traballo no que repasaron cuestións relacionadas con esa materia na provincia.
Durante o encontro, avaliaron especialmente actuacións que teñen que ver cos espazos naturais da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo, co Parque Natural das dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal, e coa Rede Natura. A maiores, tamén abordaron as resolucións na provincia das distintas ordes de axuda dirixidas a estes espazos protexidos.
A directora xeral tamén informou sobre a comisión de seguimento do xabaril que tivo lugar recentemente e sobre a declaración, o pasado 11 de outubro, da emerxencia cinexética temporal pola presenza e os danos ocasionados por esta especie nun total de 40 comarcas galegas das cales 13 son na provincia da Coruña. Cómpre lembrar que esta é a cuarta vez (tras 2019, 2021 e 2023) que se recorre a este instrumento, provisional e extraordinario, co fin de axilizar a aplicación de medidas dirixidas ao control das poboacións desta especie naquelas zonas con maior incidencia, a través de distintas modalidades e procedementos de captura.
Na reunión, ademais dos danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas, tamén analizaron os causados polo lobo ao gando.